InicioPolíticaA ex secretaria de Estado de Economia con Rajoy, número dous da...

A ex secretaria de Estado de Economia con Rajoy, número dous da lista do PP en Vigo

Irene Garrido Valenzuela é curmá da nai do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A exsecretaria de Estado de Economía co goberno de Rajoy, Irene Garrido Valenzuela, foi presentada este mércores como número 2 da candidatura que encabeza Marta Fernández-Tapias polo PP para optar á Alcaldía de Vigo. 

Garrido, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Vigo, foi deputada no Congreso entre 2011 e 2019, e secretaria de Estado de Economía entre 2016 e 2018. Actualmente forma parte da dirección do PP na cidade olívica. É curmá da nai do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Nunha rolda de prensa este mércores, agradeceu a confianza do seu partido e da candidata, e afirmou que aceptou ir na lista electoral porque “é o momento”, coñece a situación da cidade, e aposta por formar parte dunha “representación útil, lonxe de populismos”. Así mesmo, eloxiou a Marta Fernández-Tapias, de quen destacou os seus “valores”, o seu “duro traballo” e o seu “inconformismo”. “Valora unha esencia fundamental de Vigo, que é a economía e a industria”, engadiu.

“ALGO NOVO QUE OFRECER”

Pola súa banda, a candidata á Alcaldía, puxo en valor a experiencia de Irene Garrido, e lembrou que o seu proxecto para Vigo “mira pola economía”, nunha cidade “cansa de anécdotas” e que quere un goberno local “que se preocupe do que de verdade importa, das cousas para comer, do emprego”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...