Inicio Blog Páxina 2147

Vigo sitúase á cabeza no ascenso de casos activos de Covid

Os novos contaxios de Covid-19 ascenden a 74 e os casos activos aumentan a 798 no conxunto da Comunidade galega, que supoñen 53 máis que a xornada anterior e 268 máis que hai unha semana, mentres que 39 pacientes continúan hospitalizados por este coronavirus. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe ao 2,19 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, ascenden a 10 as persoas ingresadas en UCI pola Covid –unha máis–, mentres descenden a 29 as hospitalizadas noutras unidades –unha menos–, e 759 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aumenta nas de Ourense, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés, mentres que se alivia nas da Coruña-Cee, Lugo e Ferrol, e mantense sen cambios na de Vigo, que segue con dous pacientes Covid en UCI e dúas noutras unidades.

No caso da área de Ourense aumentan a dúas os pacientes ingresados pola Covid en críticos –un máis– e a oito os que se atopan noutras unidades –un máis–, mentres que na de Santiago e Barbanza segue un en UCI e soben a cinco os doutras unidades –un máis–.

A área de Pontevedra e O Salnés, que levaba varias xornadas sen ingresados por este coronavirus, conta cun en planta. Por contra, na de Lugo segue un en UCI e queda un noutra unidade –un menos–.

A área da Coruña e Cee mantén dous hospitalizados pola Covid en UCI e rexistra nove noutras unidades –dúas menos–, mentres que na de Ferrol continúan dúas en críticos e baixan a tres os doutras unidades –un menos–.

AUMENTAN OS CASOS

Por novena xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 aumentan en Galicia ata situarse nos 798, que representan 53 máis que o día pasado ao haber máis contaxios (74), que altas (19), ao que se engaden dous falecementos. Iso supón 268 infeccións activas máis que hai unha semana.

As infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+15), seguida das de Ourense (+11), Lugo (+9), Ferrol (+6), Santiago e Barbanza (+6), A Coruña e Cee (+5), e Pontevedra e O Salnés (+1).

Por tanto, a área da Coruña e Cee continúa á cabeza con 200 casos activos; seguida de Ourense con 195; Vigo, con 116; Ferrol, con 80; Santiago e Barbanza, con 72; Pontevedra e O Salnés, con 70; e á cola mantense Lugo, con 65.

Segundo os datos actualizados na tarde deste pasado luns polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 28,68 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 58,57.

CONTAXIOS EN ASCENSO

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid repuntan a 74 no conxunto de Galicia, que supoñen 20 máis que no inicio desta semana, mentres que sete días atrás reducíanse a 27. Ata o momento, o luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Galicia confirmou 76 positivos por probas diagnóstica de infección activa nas últimas 24 horas –algúns poden corresponder a persoas xa contaxiadas que voltan a dar positivo–, dos cales 17 corresponden á área de Vigo; 16, á de Ourense; 13, á da Coruña e Cee; 11, á de Lugo; sete, á de Santiago e Barbanza; sete, á de Ferrol; e cinco, á de Pontevedra e O Salnés.

Deste xeito, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia aumentan a 183.769, das que 43.429 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.855, á de Vigo; 27.149, á de Santiago e Barbanza; 21.996, á de Ourense; 21.555, á de Pontevedra e O Salnés; 20.056, á de Lugo; e 11.729 á de Ferrol.

Segundo os datos actualizados por Sanidade, desde o comezo desta crise sanitaria realizáronse 2.915.661 PCR en Galicia, que supoñen 2.030 probas máis que as contabiliazdas ata o día anterior, que implican unhas 177 menos que as feitas o día anterior.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, ascende ao 2,19 por cento, tras arrincar esta semana cunha caída ao 1,56 por cento.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia ascenden a 2.655, despois de notificar este luns a Consellería de Sanidade dous novos óbitos.

En concreto, morreu un home de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e unha muller de 84 no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Ambos presentaban patoloxías previas.

Fronte a iso, 180.350 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o inicio desta crise sanitaria, que implican 19 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

Vigo, epicentro da loita obreira para o PCE

O Partido Comunista de España (PCE) celebra este ano o seu centenario con numerosas actividades que se realizarán nos próximos meses e o seu acto central o próximo 3 de xullo, a través do que conmemorarán “a necesidade de manter viva a vixencia da loita obreira”.

Así o comunicou a secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla, que nun acto celebrado este luns en Vigo indicou que elixiron esta cidade para presentar as actividades do centenario porque “é un símbolo da loita obreira na que o Partido Comunista foi protagonista”.

Solla remarcou que a día de hoxe os principios dos comunistas “seguen vixentes, sobre todo coa crise do Covid e a anterior crise económica, que supuxo que a pobreza chegase a cinco millóns de españois”. “Nesa perdida de dereitos da clase obreira, de precarización emprego e para as mulleres, ten mais forza a mensaxe dos comunistas”, incidiu, a colación do que chamou “ao conxunto das forzas de esquerdas” e ao “conxunto dos traballadores” a unirse aos actos de celebración do centenario.

En concreto, o acto central celebrarase o próximo 3 de xullo nunha localización aínda por concretar. Ademais, levarán a cabo diversas actividades culturais, como documentais, un certame de relatos, unha acción poética, exposicións, un certame de hip-hop e un concurso de pezas de rap.

En relación con iso, Solla manifestou que se realizarán numerosas actividades culturais porque “máis aló da loita obreira, a loita cultural e das ideas e o traballo polo acceso á cultura foi relevantísima” na historia do comunismo.

Rueda asegura que “non hai ningunha disensión” entre PP galego e estatal sobre o 8M

O vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente provincial do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda, asegurou este mércores que “non hai ningunha disensión” entre o PP galego e o nacional acerca da celebración e significado do 8M, Día Internacional da Muller.

Nun acto sobre o 8M celebrado no Museo do Mar en Vigo, e a preguntas dos medios sobre as polémicas declaracións da portavoz do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, (quen afirmou que non participaría na manifestación do 8M e declarouse “feminista amazónica”), Alfonso Rueda limitouse a afirmar que “a postura do PP galego é a postura do PP nacional, por tanto non hai ningunha disensión”.

O vicepresidente galego fixo estas declaracións antes de participar, no Museo do Mar de Galicia, nun acto de entrega de premios con motivo do concurso escolar de carteis convocado pola Xunta no marco da campaña polo 8M.

Nese acto, no que participaron tamén a conselleira de Educación, Universidades e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (e secretaria xeral de Igualdade por delegación), Natalia Prieto, entregáronse os primeiros premios das distintas categorías a tres centros educativos: o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo, o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago, e o IES Agra de Raíces de Cee (A Coruña).

Tanto Rueda como Pomar destacaron a gran calidade dos traballos presentados, que serán utilizados na campaña institucional da administración autonómica e que, a pesar de ser realizados por escolares, están “á altura de deseños profesionais”.

A conselleira de Educación destacou o “compromiso” da Xunta de Galicia coa igualdade, tamén desde un modelo educativo baseado no respecto e a liberdade. Na mesma liña, Alfonso Rueda incidiu en que o camiño para avanzar cara á igualdade pasa pola educación e por traballar no cambio de valores, estereotipos e actitudes que sosteñen a desigualdade.

Xa son 21 os positivos por COVID vinculados cun local de hostalaría de Vigo

O número de casos de COVID-19 detectados entre a clientela dun local de hostalaría de Vigo e os seus contactos elevouse a 21, segundo confirmaron fontes de Sanidade, despois de que o Sergas fixese un chamamento para que as persoas que estivesen nese establecemento o pasado 27 de marzo contactasen para a realización de probas diagnósticas.

Sanidade explicou que ese brote, que se iniciou ao detectarse un caso positivo dunha persoa que estivera no local (Mariña Cíes, situado no paseo de Samil), creceu ata os 21 afectados, dos que 14 son clientes do establecemento e participantes en festas que se celebraron posteriormente, mentres que o resto son contactos dos anteriores.

Precisamente, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este martes, en resposta a preguntas dos medios sobre ese brote no restaurante-bar de copas (que funciona cunha concesión municipal) que a Policía Local tramitou varias propostas de sanción relacionadas coa normativa antiCOVID.

Así, indicou, as propostas de multa incoáronse por cuestións relacionadas co control de aforamento, pola distribución de mesas e cadeiras, por falta de certa documentación ou por non ter visible o cartel informativo coas condicións de capacidade do local. A iso sumouse un apercibimento pola actividade de música en directo, para a que non tiña permiso.

No entanto, o responsable de Mariña Cíes asegurou que as persoas que estaban no seu negocio o pasado 27 de marzo estaban a cumprir a normativa sanitaria, usando máscara e con distancia de seguridade. Ademais, lembrou que en ningún momento se superou o aforamento permitido, ao haber menos de 200 persoas (162 segundo afirmou) na terraza superior, cando a capacidade máxima atendendo ás restricións COVID é de 219.

Buscan impulsar unha campaña para que o Goberno central aplique “xa” as rebaixas de peaxes na AP-9

0

O deputado do BNG Paulo Ríos Santomé, acompañado por outros membros da formación na comarca do Morrazo, participaron na presentación da campaña social que pretende conseguir que o Goberno central active “xa” as rebaixas nas peaxes da AP-9 que, reivindican, comprometéronse no acordo para a investidura de Pedro Sánchez como presidente estatal.

Os nacionalistas subliñan nun comunicado que a campaña no Morrazo atopa “toda a sensibilidade social” porque a comarca “xa foi referente” na mobilización e en conseguir que a ponte de Rande “queda libre de peaxes”.

Sobre o traspaso, tras aceptar o Congreso a tramitación da lei galega que promove o traspaso, o Bloque tamén demanda que o Executivo central “cumpra o pactado” e que “antes do verán” poida estar completada a tramitación e a transferencia da AP-9. Todo iso, subliña, como “primeiro paso para unha xestión desde Galicia con criterios social e ambiental, e cunha perspectiva futura de que “a autoestrada poida ser galega e libre de peaxes”.

NATURGY

Por outra banda, o BNG informou de que presentou unha batería de iniciativas no Parlamento para esixir á Xunta que actúe “con contundencia” para que Naturgy “manteña os seus servizos en Galicia fronte ao desmantelamento progresivo que desenvolve a compañía”.

A portavoz nacionalista de Enerxía, Noa Presas, reclama ao Executivo galego que actúe fronte ao último paso dado neste sentido polo grupo empresarial coa súa intención de deslocalizar a Madrid o Centro de Operación de Redes da Coruña.

“No medio da pandemia, a empresa anunciaba aos traballadores esta decisión como un feito consumado“, afeou, antes de advertir de que esta decisión “camuflada como mera reorganización” terá “profundas consecuencias”.

Así, advertiu de que este novo movemento da compañía “non só suporía a destrución de ao redor de 30 empregos, senón que tamén acabaría ocasionando a perda dun coñecemento e experiencia asociados ao territorio e ás condicións e características do sistema eléctrico que son fundamentais para prestar un adecuado servizo”.

A ocupación hoteleira en Vigo durante o fin de semana de Reis alcadou o 74%, segundo o Concello

A ocupación hoteleira na cidade de Vigo durante o fin de semana de Reyes alcanzou o 74%, segundo os datos que manexa o Concello olívico, e a maior parte deses visitantes procedían de diversos puntos de España, fóra de Galicia.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen subliñou o notable incremento no nivel de ocupación con respecto a esas mesmas datas de 2019. Segundo recalcou, a ocupación en Reis pasou do 54% hai un ano, ao 74% deste.

O 63,2% dos visitantes que pasaron a noite na cidade neses días procedía de diversos puntos de España, mentres que o 23,5% eran galegos. Por outra banda, algo máis do 13% dos turistas eran de orixe internacional.

Abel Caballero, quen avanzou que encargou un estudo para coñecer o impacto económico da campaña do Nadal en Vigo, asegurou que hai varios hoteis na cidade que xa teñen reservadas todas as súas habitacións para a ponte da Constitución de 2020.

Investigadas a directora e unha empregada dunha residencia de Vigo pola caída mortal dun ancián

O xulgado de instrución número 6 de Vigo investiga a directora e a unha empregada dunha residencia de anciáns da cidade tras o falecemento dun usuario do centro, que se precipitou desde a xanela da súa habitación, nun segundo piso, hai uns meses.

Segundo confirmaron fontes xudiciais, neste procedemento xa declararon como investigadas estas dúas persoas, tras a denuncia interposta pola familia do ancián, de 98 anos de idade, aínda que aínda non se concretou o suposto delito que se lles podería atribuír, e dependerá de como se desenvolva a instrución.

Fontes coñecedoras do caso sinalaron que a denuncia se interpuxo despois de que a familia non aceptase as explicacións sobre o suceso dadas pola residencia Santa Marta, un centro xestionado por unha orde relixiosa na parroquia viguesa de Alcabre.

Así, mentres que os responsables da residencia sinalaron que o ancián se precipitou voluntariamente pola xanela, os seus achegados sosteñen que dificilmente podería facelo, dados os seus problemas de mobilidade. Ademais, lembraron que a xanela da habitación deste usuario é estreita, está a unha certa altura e ten unha barra de ferro que a divide pola metade.

A presión hospitalaria segue alta na área de Vigo tras o ingreso de 4 pacientes máis na UCI

0

O número de altas volveu a superar ao de novos diagnósticos en Galicia, o que permitiu que os casos activos de covid-19 caian por quinto día consecutivo, ata os 19.966. Con todo, a presión hospitalaria segue sendo moi alta.

Así, os pacientes ingresados con covid-19 volveron a descender lixeiramente en nove, ata colocarse nos 1.274. Con todo, isto débese á baixada rexistrada nas plantas convencionais, onde hai 1.026 persoas –10 menos–, posto que nas unidades de coidados intensivos (UCI) son unha máis que onte, un total de 248.

De feito, a pesar de que cinco das sete áreas sanitarias galegas seguen a tendencia á baixa, aínda hai dúas nas que aumenta a presión hospitalaria. Entre elas está a de Vigo onde subiron en cinco, ata os 166, o total de hospitalizados, e en catro, ata os 30, os que están en UCI.

CASOS ACTIVOS

Tamén a cifra global de casos activos –persoas que aínda padecen a enfermidade– segue coa súa tendencia descendente despois de rozar os 23.000 o pasado 29 de xaneiro. Nos datos deste domingo, Sanidade informa dun total de 19.966 pacientes de covid, 921 menos que unha xornada atrás. No caso de Vigo, a baixada foi de 168 persoas o que deixa o número de contaxiados en 3.301.

NOVOS CASOS DETECTADOS

Os novos casos de covid detectados –por diferentes tipos de probas– tamén descenderon, ata o total de 833 positivos nun día –819 confirmados cunha PCR–, que son 86 menos que os notificados o día previo. En Vigo o descenso foi de 53 casos ata caer aos 103 novos contaxiados.

PCR E POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade en Galicia –porcentaxe de infeccións por PCR realizadas– volveu a subir ata o 7,5%, despois de situarse no 6,4% o sábado. Atopase lixeiramente por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e leva sen baixar desa cifra desde o 24 de decembro.

Feridas dúas persoas nunha colisión na N-550 en Mos

0

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas este venres ao Hospital Povisa de Vigo despois dun choque entre dous turismos ocorrido na N-550, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Mos.

O accidente, segundo informa o 112, ocorreu sobre as 10,00 horas ao redor do punto quilométrico 152 da vía. Foi nese momento cando un particular alertou á central de emerxencias.

Seguidamente, os xestores avisaron á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a efectivos de Protección Civil do municipio. Tamén foron informados os bombeiros do Baixo Miño e o servizo de mantemento da vía.

Aínda que a persoa alertante aseguraba nun principio que non había feridos, os efectivos de Protección Civil “comprobaron que era precisa a asistencia sanitaria” para unha das persoas, sinala o 112.

Deste xeito, o persoal de Urxencias Sanitarias-061 finalmente trasladou a dúas persoas ao Hospital Povisa de Vigo.

Fiscalía pide 9 anos de cárcere para un irmán de Sinaí Gimenez por un tiroteo nunha festa no Porriño

0

A Fiscalía de Vigo solicita un total de 9 anos de prisión para Juan Pablo G.J., irmán de Sinaí Giménez (autoproclamado como ‘príncipe dos xitanos de Galicia’), despois de que supostamente irrompese xunto a outro home nun local do Porriño onde se estaba celebrando unha pedida de man, e efectuar varios disparos que acabaron ferindo a dous mozos.

Tal e como consta no escrito do Ministerio Público, ao que tivo acceso Europa Press, os feitos ocorreron na madrugada do 19 de maio de 2019, cando Juan Pablo G.J. e Rafael G.F., acudiron ata as inmediacións do centro multiusos do Concello do Porriño. No lugar estaba a celebrarse unha pedida de man coa participación de familias e achegados do colectivo dos ‘xitanos zamoranos’.

Unha vez alí, prosegue o escrito, “coa intención de menoscabar a integridade física das persoas que alí se atopaban e portando unha pistola con calibre 9 milímetros“, Juan Pablo G.J., irmán maior do chamado ‘clan dos Morones’, “situouse no corredor de entrada do local e apuntou de forma oblícua cara ao teito e cara adiante, chegando a disparar en varias ocasións”.

Como consecuencia destes disparos, dous dos proxectís “rebotaron” impactando nun home, que sufriu lesións nun ombreiro, e nunha moza menor de idade, que sufriu lesións na cara, precisando ambas as intervencións cirúrxicas e presentando ambos como consecuencia cicatrices e diversas secuelas.

Por estes feitos, a Fiscalía considera tanto a Juan Pablo G.J. como a Rafael G.F. autores de dous delitos de lesións e un delito de tenencia ilícita de armas. Ademais, sinala que no caso de Juan Pablo G.J. concorre a agravante de reincidencia, pois en 2014 foi condenado a un ano e medio de prisión por un delito de lesións.

PETICIÓNS DA FISCALÍA

En concreto, o Ministerio Público pide para cada un dos acusados unha condena de dous anos de prisión por tenencia ilícita de armas e tres anos e medio de prisión por cada un dos dous delitos de lesións, así como a prohibición de achegarse e comunicarse coas vítimas durante un período de catro anos e medio.

Ademais, en concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía solicita que os procesados abonen conxunta e solidariamente indemnizacións que ascenden a 67.700 euros –33.100 euros para a menor de idade e 24.600 para o mozo–. Juan Pablo G.J. atópase en prisión provisional comunicada e sen fianza por estes feitos.

ANOS DE ENFRONTAMENTO

Os chamados ‘xitanos zamoranos’ e o ‘clan dos Morones’ manteñen desde hai anos un enfrontamento, no que se viviron varios episodios de tensión: en 2014 a familia dos ‘Morones’ decretou a expulsión de Galicia dos ‘xitanos zamoranos’, aínda que logo chegouse a un pacto para o seu regreso e para buscar unha convivencia pacífica.queo, coaccións, etc.), relacionados coa suposta extorsión a outros feirantes.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed