Inicio Blog Páxina 2066

Portugal limitará o acceso ao seu territorio baixo pena de multa se a causa non é xustificada

0

O Conselho de Ministros portugués publicou un comunicado de novas medidas de restrición na movilidade dentro do seu territorio nacional, que afecta tamén aos cidadáns españois.

En prevision das aglomeracions polas festividades do Día de Defuntos e de Todos os Santos o goberno luso prohibiu o tránsito entre concellos. Esta limitacion afectaria tamén aos cidadáns transfonteirizos que so poderán cruzar a fronteira por: “traballo, asistencia sanitaria ou estudos”.

A resolución aprobada determina a prohibición de circulación entre distintos concellos do territorio continental portugués no período entre as 00h00 do 30 de outubro e as 23h59 do día 3 de novembro, e que define un conxunto de medidas especiais aplicables aos concellos de Felgueiras (Porto), Lousada (Porto) e Paços de Ferreira (Porto) no ámbito do estado de alarma decorrente da pandemia da doenza COVID-19.

As fronterias non pecharán pero o tránsito estará limitado

«Os non residentes en Portugal deberán vir única e exclusivamente para este cadro de circulación autorizado: traballo, asistencia sanitaria ou estudos» ministro de Administración Interna Eduardo Cabrita que aclarou que «as fronteiras terrestres con España non van pecharse a fin de semana».

Obrigatorio uso de máscara na vía pública

O goberno luso aprobou tamen a obrigatoriedade do uso de máscara en espazos públicos.

“É obrigatorio o uso de máscara por persoas con idade a partir dos 10 anos para o acceso, circulación ou permanencia nos espazos e vías públicas sempre que o distanciamento físico recomendado polas autoridades de saúde se mostre impraticável.“

O Consello de Ministros aprobou tamén o decreto que declara o día 2 de novembro como día de loito nacional en homenaxe a todos os falecidos, en especial ás vítimas da pandemia pola COVID-19.

A Audiencia de Pontevedra ve responsabilidade civil no contrato da cuñada de Silva

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (con sede en Vigo) ditou un auto no que emenda unha omisión da sentenza que condenaba a un funcionario do Concello de Vigo e ao xerente dunha concesionaria, polas irregularidades na contratación dunha cuñada da edila e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Esta omisión referíase a a responsabilidade civil da empresa Imesapi, que quedou declarada polo tribunal neste último auto. Así mesmo, o tribunal emenda outra omisión, ao aclarar que a sentenza condenatoria pode ser obxecto de recurso de casación ante o Tribunal Supremo “por infracción de lei e por quebrantamento de forma”.

Na súa resolución, a Sección Quinta da Audiencia vén completar a sentenza de instancia, na que se recollía a condena a Francisco Javier G.O., funcionario municipal vigués, a cinco anos e tres meses de cárcere, e nove anos de inhabilitación por prevaricación, malversación e falsidade. Así mesmo, o xerente de Imesapi, Ramón C.A. foi condenado a un ano e medio de cárcere, e 6 de inhabilitación por falsidade documental, e por ser cooperador necesario na malversación.

Agora, a Audiencia sinalou que o responsable da concesionaria “serviuse” da empresa “para dar amparo á actividade delituosa que se declarou probada”, polo que declara a responsabilidade civil subsidiaria da mesma.

Grupo PSA pecha 2018 cunha marca mundial de vendas tras precarizar aos traballadores

O Grupo PSA pechou o ano pasado cun volume mundial de vendas de 3,87 millóns de unidades, o que supón unha marca histórica e un incremento do 6,76% en comparación coa cifra contabilizada en 2018, segundo informou a empresa. Unha situación que se preduce tras precarizar a situación laboral dos traballadores.

A multinacional francesa destacou que este incremento das súas matriculacións mundiais durante o ano pasado estivo vinculado á ofensiva de produto que levou a cabo e que contempla realizar 80 lanzamentos rexionais en dous anos. Esta estratexia tamén recolle unha gama de modelos máis orientada ao cliente e un compromiso por parte da rede comercial.

Por rexións, a compañía recortou un 32,2% os seus rexistros de vendas en 2018 en China e sueste asiático, con 262.583 unidades, mentres que as súas entregas en Eurasia subiron un 0,48%, ata 15.288 unidades e un 1,64% en India e Pacífico, ata 26.479 unidades.

As matriculacións do Grupo PSA en Europa situáronse en 3,1 millóns de unidades ao termo do pasado exercicio, un 30,5% máis, á vez que en Latinoamérica baixaron un 15,04%, ata 175.257 unidades. En Oriente Medio e África, a corporación que preside Carlos Tavares comercializou 291.998 unidades en 2018, un 52,8% menos.

MARCAS

Doutra banda, Peugeot foi a marca máis vendida do grupo francés en 2018, cun volume de 1,74 millóns de unidades, o que representa unha diminución do 17,9% en comparación cos datos do ano previo.

Citroën, pola súa banda, matriculou 1,04 millóns de vehículos en todos os mercados nos que opera, un 0,89% menos, e DS mellorou un 0,7% os seus rexistros, ata 53.265 unidades. Opel/Vauxhall logrou unhas vendas de 1,03 millóns de unidades.

Conta atrás para a Festa do Viño do Condado do Tea: música, gastronomía e lecer no recinto amurallado de Salvaterra

0

En Salvaterra “cheira a viño, cheira a condado”. Empeza a conta atrás para os actos conmemorativos da LIX Festa do Viño do Condado do Tea, unha semana enteira onde se lle rende tributo a un produto moi importante para o municipio.

Nesta edición participarán 28 adegas, que achegarán a Salvaterra e a todos aqueles que decidan visitala, no último fin de semana de agosto, máis de medio centenar de viños.

Festa do Viño do Condado/ Concello de Salvaterra

As actividades arrancan o próximo luns, martes e mércores cos cursos e catas comentadas, onde o eixo central será o propio viño. O luns 20, coa cata comentada de viños brancos da Denominación de Orixe Rías Baixas, o martes 21, coa cata comentada de viños Brandos das diferentes Denominacións de Orixe Galegas, e o mércores 22, coa cata comentada de Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea.

Festa do Viño do Condado/ Concello de Salvaterra

O Venres 24 terá lugar a inauguración oficial da festa, e a partires dese momento todos aqueles que o desexen “poden desfrutar destes caldos nun enclave privilexiado como é o Recinto Amurallado de Salvaterra, e sobre todo das súas noites gastronómicas, onde se mestura cultura, historia, música, gastronomía e lecer, algo que fai que esta festa, a Festa do Viño do Condado do Tea, sexa única”, conclúen desde a organización.

A Asociación Nós Mesmas organiza por décimo ano consecutivo as festas do Orgullo en Vigo

Este luns, ás 20h no Centro Cívico do Casco Vello, tivo lugar o acto de apertura do mes do Orgullo coa inauguración da exposición “10 anos Nós Mesmas, 10 anos de Orgullo(S)” e a actuación de Xa’Lum.
 
 A Asociación Nós Mesmas, colectivo feminista vigués que loita polos dereitos das mulleres lesbicas, bisexuais e transexuais, cumpre 10 anos de percorrido e reivindicación dos dereitos do colectivo LGTBI e este é o 10ª Orgullo que organizan na cidade olívica.

lgtbi nos mesmas
Discurso de apertura/ Miguel Núñez

Nós Mesmas presenta o programa do Orgullo LGTBIQ+ cun mes de duración e que xa comezou este sábado 2, cunha festa que reivindicou “a cultura Drag e a rutura co xénero”, e hoxe deron o pistoletazo de saída coa exposición “10 anos de Nós Mesmas, 10 anos de Orgullo(S)”, que fai un percorrido polo traballo de este colectivo en prol dos dereitos LGTBI así como das situacións acontecidas ou dos retos acadados.
10 anos “nos que se viviron moitos cambios e alguns avances, pero segue sendo moi necesaria a nosa acción social e legal xa que as persoas trans seguen a ser consideradas enfermas, o Goberno debe dar un paso adiante e despatoloxizar a transexualidade” afirmou Elisabet Pérez, representante do colectivo.

acto de apertura lgtbi
Nos mesmas. orgullo Lgtbi/ Miguel Nuñez

 Ademáis, recordou que “centos de menores viven a diario acoso lgtbfóbico, chegando a tal extremo que moitos só ven saída no suicidio. Debemos visibilizar a diversidade como un factor enriquecedor da sociedade e por todos os recursos necesarios para sensibilizar, detectar e actuar nestes casos”.
Hoxe ás 20h no Centro Civico do Casco Vello, na apertura do Orgullo, recordaron os retos actuais aos que se enfrentan e como superalos. Ademáis a actuación de Xa’Lum dinamizou a ocasión.

lgtbi
Cartel no acto de apertura das actividades Lgtbi /Miguel Nuñez

A programación de actividades para todo o mes inclúe unha peza de microteatro, Ciber Queer, o sábado 9 de xuño ás 21 horas no Teatro Aforo, a estra do filme “Nove de novembro” ás 20:10 do venres 15 nos Multicines Norte ou un roteiro de sendeirismo ao día seguinte por Pazos de Borbén que sairá dende A Laxe ás 12 h.

Por último, o sábado 30 celebrarase unha gran festa pola diversidade na Praza da Pedra dende as seis da tarde, e a manifestación do orgullo sairá ás 20:30 da Praza da Pedra, nunha festa que só terminará ás 3 da mañá.

“Vigo pode quedar sen auga se a Xunta non avanza no trasvasamento do Verdugo”

O goberno municipal de Vigo alertou este venres sobre o risco de que poida producirse unha crise por seca, como ocorreu o pasado verán, e denunciou que, a pesar diso, a Xunta non deu pasos para a construción do trasvasamento do río Verdugo, que permitiría aumentar a capacidade do encoro de Eiras.

Nunha rolda de prensa, o portavoz municipal, Carlos López Font, sinalou que, “a un mes de que entre o verán”, Vigo segue “sen solución”, e non se produciron avances a pesar de que o goberno local remitiu, en xaneiro pasado, un convenio á Xunta para a construción do trasvasamento do Verdugo (unha obra duns 6 millóns de euros que financiaría, case na súa totalidade, o concello olívico).

O concelleiro socialista advertiu de que o goberno galego “non quere atender aos requirimentos de Vigo”, o que supón “un grave problema” porque a cidade pode “quedar sen auga”. “A situación é urxente, nuns meses podemos atoparnos cunha situación grave”, insistiu.

López Font lamentou que o goberno autonómico non só non achega “ningunha solución”, senón que “nin sequera impulsa as medidas xa pactadas e que non lle supoñen custo”, en alusión a esa obra no río Verdugo (á que, por outra banda, opuxéronse os alcaldes da zona pola que discorre o río).

A hostalaría concéntrase para reclamar medidas de apoio ante a “perda” de miles de postos de traballo

O presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, César Ballesteros, estimou que a crise derivada da pandemia levou unha redución dun 40% no emprego no sector a nivel autonómico, así como que o lecer nocturno foi o máis afectado. Así se pronunciou tras participar nun paro de 10 minutos convocado a nivel estatal e unha concentración realizada en Vigo de modo simultáneo á que tivo lugar en Madrid para pedir medidas de apoio ao sector. A Coruña tamén acolleu un acto similar na mañá deste mércores.

Baixo a lema ‘Salvemos a hostalaría’, decenas de persoas congregáronse ante a Praza da Constitución de Vigo con pancartas con mensaxes como ‘Só queremos xustiza. Só queremos traballar’ e ‘Os bares de copas perden entre 5.000 e 25.000 euros ao mes’.Neste contexto, Ballesteros remarcou que o peche do lecer nocturno está a xerar novas formas de relacionarse non seguras, como reunións de amigos en contornas familiares.

Con todo, o presidente da federación provincial de hostaleiros incidiu en que os establecementos poden garantir o cumprimento das medidas de seguridade, polo que chamou ás autoridades a pór o foco no control das festas privadas. Ademais, criticou que se pechou o lecer nocturno na zona equiparándoo co doutras partes do país a pesar de que, ao seu xuízo, nos locais da provincia de Pontevedra as medidas de seguridade atópanse controladas.

Do mesmo xeito, asegurou que esta situación debe levar compensacións para o sector dado que o peche foi decretado “sen un motivo claro”. Neste sentido, o representante da Asociación de Lecer Nocturno en Vigo, Carlos Veleiro, afirmou que a maior parte dos establecementos da cidade axustáronse ás medidas establecidas e destacou que non se rexistraron contagios en locais regulados da cidade.

 

A manifestación feminista do 8M triunfou un ano máis en Vigo

A manifestación do feminismo foi masiva de novo nas cidades galegas, e Vigo non podía ser menos. Triunfou unha folga ‘cuádruple’: laboral, de consumo, de coidados e estudiantil, convocada por asociacións como a plataforma Galegas 8M.

A plataforma Galegas 8M levaba reuníndose nas vilas de toda Galiza desde o mes de xaneiro, unindo a múltiples colectivos e mulleres individuais, nun traballo conxunto de cara a garantir o éxito da manifestación nacional feminista, co fin de difundir e animar a todas as mulleres da nosa comarca a sumarse aos actos.

Manifestación 8M Vigo/ Miguel Núñez

O lema non foi outro que “por todas as mulleres, por todos os dereitos: Revolta feminista”, “co fin de reclamar un mundo diferente, no que o dereito a vivirmos unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica e social”, subliñan.

Manifestación 8M Vigo/ Miguel Núñez

Reclamaban aspectos tan distintos como “a soberanía sobre os nosos corpos e identidades, soberanía sobre os nosos desexos, soberanía sobre a vida que escollemos vivir, soberanía alimentaria, soberanía política para o noso país…”.

Sempre co desexo dunha “sociedade xusta na que os coidados sexan tarefa de todas as persoas e a vida sexa o centro da axenda política, garantir a igualdade de oportunidades e de dereitos nas condicións de traballo e na esfera social, e o dereito a unha vida sen violencias de ningún tipo”.

Para que todo fora un éxito reclamaron aos homes non poucas tareas, entre elas que realizaran durante o 8M as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día, impedindo que estas queden pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á greve.

Manifestación 8M Vigo/ Miguel Núñez

Tamén, que asumiran “a sobrecarga e a dupla ou tripla xornada que habitualmente realizamos as mulleres. Non cómpre ter lazos familiares, tamén tés amigas, compañeiras de traballo e veciñas”, subliñan.

 

Así como “difundir e apoiar as convocatorias de greve e mobilizacións, non facer folga nen paros, visibilizar a greve de mulleres nos postos de traballo, aportar económicamente a un peto de resistencia no traballo para axudar ás compañeiras que vaian á folga, e dar todo o protagonismo nos espazos públicos e privados ás mulleres, acompañando a loita feminista neste 8M”.

Manifestación 8M Vigo/ Miguel Núñez

Deste xeito, as mulleres galegas se sumaban ao Paro Internacional dos feminismos de todo o mundo, “para visibilizar os traballos invisibles que facemos as mulleres e que sustentan a vida de todxs”, subliñan desde Galegas 8M.

FOLGA DE CONSUMO

Tamén demandaban as feministas a necesidade de “visibilizar ante a sociedade a necesidade de romper coa lóxica de consumo capitalista que reforza o sistema e por tanto a posición de desigualdade das mulleres no mesmo, así como que as mulleres ocupamos un espazo importante no sector dos servizos e nos traballos máis precarizados do mercado de consumo”.

Manifestación 8M Vigo/ Miguel Núñez

“As mulleres galegas loitamos pola soberanía alimentaria dos pobos e contra o empobrecemento das mulleres en todo o planeta, e non queremos contribuír á explotación de ningunha persoa, nen no noso país nen en ningún outro a través do noso modelo de consumo”, selaban, animando a non consumir este 8M “para apoiar a folga”.

FOLGA DE COIDADOS

Tamén foi unha folga de coidados, para “visibilizar ante a sociedade e no entorno familiar todo o traballo de coidados que realizamos a diario, como a xestión da alimentación, coidados de saúde, das crianzas, da limpeza, dos maiores…”

Manifestación 8M Vigo/ Miguel Núñez

FOLGA ESTUDIANTIL

No que respecta ao ensino, reivindicaban “un ensino público, laico e feminista, estudar figuras de mulleres nos nosos temarios, cambiar que haxa carreiras masculinizadas e feminizadas, acceder a un traballo en condicións de igualdade cos homes, un sistema educativo que teña a perspectiva de xénero como unha competencia transversal e que inclúa unha educación afectivo sexual diversa”.

E, por suposto, tamén “establecer mecanismos efectivos de prevención e denuncia das violencias machistas, mellorar a seguridade nos campus · promover a paridade nos órganos de goberno, e rachar co teito de cristal que existe na Universidade”, entre outras reivindicacións.

A Garda Civil intensifica por Nadal os controis de drogas e alcol, causantes dun terzo dos accidentes mortais

O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra vén de anunciar o inicio dun operativo do Nadal de seguridade viaria para o control de drogas e alcol durante a condución, por tratarse dun alto factor de risco causante da terceira parte dos accidentes mortais na provincia.

Para iso, durante as próximas festas do Nadal intensificaranse sensiblemente o número de controis de alcol e drogas en toda a rede viaria da provincia que, non só terán lugar en horario nocturno, senón tamén ao mediodía, co obxecto de disuadir aos condutores á inxestión de bebidas alcohólicas durante as típicas comidas de Nadal.

O operativo porá especial énfase en detectar aos colectivos policonsumidores, aqueles condutores que se poñen ao volante e que consomen habitualmente alcol e drogas.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil aconsella aos condutores que eviten o consumo de substancias psicoactivas e alcol por tratarse dun alto factor de risco causante da terceira parte dos accidentes mortais na provincia.

Ao mesmo tempo, apela ao espírito solidario de todos os usuarios para que comuniquen á Guarda Civil, a través do Tlf. 062, calquera conduta irregular que detecten na estrada.

Comeza a VII Edición de Navalia, chea de optimismo tras superar a dura crise do naval

A Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, Navalia 2018, inaugurou este martes a súa sétima edición, na que o sector dá por resolta a súa recuperación e encara a súa consolidación. Un evento que os organizadores esperan que estea “cargado de boas noticias” e que se materialice “en máis carga de traballo para todos”.

No acto inaugural estivo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen remarcou que Navalia inclúese entre as catro grandes feiras europeas do naval, e augurou que o evento seguirá “crecendo” e exhibindo “o músculo do naval” e o “know-how e experiencia” do sector galego. “Estamos ante a mellor edición de toda a historia desta feira”, proclamou.

Feijóo incidiu en que, xa na edición do ano 2016, a feira aumentou un 30% os seus expositores e alcanzou unha cifra de negocio estimada de 4.000 millóns de euros, após o que este ano conta coa participación de 600 empresas e 400 expositores procedentes de 90 países, que “acreditan” que esta é “unha gran feira con relación directa co mar, a pesca, a industria de transformación e o transporte marítimo”.

Inauguración de Navalia / Navalia

Neste marco, comentou que, despois de superar a crise, o sector naval ten “plena capacidade” para competir “con calquera estaleiro ou centro de traballo do mundo”; coa innovación e a formación como eixos, e coa diversificación coma unha das súas bandeiras, pois en Galicia están a realizarse, entre outras construcións, iates, oceanográficos e ‘jackets’ de enerxía eólica.

Acto seguido, puxo en valor o compromiso da Xunta co naval, a través do primeiro plan de formación dirixido especificamente a este sector. Trátase dunha iniciativa que conta con 12 millóns de euros para formar a 3.000 persoas (tanto desempregados como traballadores que necesitan actualizar os seus coñecementos) en 170 cursos durante os próximos dous anos.

“A clave para todo isto é a formación, hai que renovarse ou morrer”, selou. O titular do Goberno galego confirmou que esta etapa de recuperación se avala con datos moi esperanzadores, como, por exemplo, pechar 2017 con 29 contratos en vigor, cunha facturación global de case 2.000 millóns de euros e con 14.200 postos de traballo creados, subliñando que máis do 30% do volume de traballo do sector en España está en Galicia.

Así mesmo, recordou que nos últimos tres anos os contratos en construción ou xa finalizados no conxunto dos astilleros galegos suman 3.160 millóns de euros, coa previsión de que este bo comportamento que está a apontoar a recuperación do sector vaise a manter.

UNHA EDICIÓN QUE SERÁ “UN ÉXITO”

O presidente de Navalia, José García Costas, lembrou que esta feira xurdiu en 2006 da man “duns cuantos empresarios” que decidiron “construír unha xanela para contemplar todo o que Galicia” é capaz de facer no sector naval.

Nesta última edición, subliñou, o sector en Galicia sae “de anos moi complicados, máis cheos de sombras que de luces“, polo que agora necesita “estabilidade sen sobresaltos”, de forma que poida “mirar cara ao futuro con seguridade”. Un obxectivo no que se mostrou convencido de que esta sétima edición, “como o 7 de Pitágoras, será un éxito”.

García Costas secundou que hai recuperación, aínda que trasladou que “todo é mellorable e hai que seguir mellorando”, pero é necesario “facelo xunto ás empresas e administracións públicas”.

“Non nos podemos permitir frear esta mellora, debemos aprender dos erros do pasado, fomentar a formación, apostar pola tecnoloxía e innovación e fabricar cada vez máis e importar menos”, remachou.

O Presidente de Navalia destacou que esta nova edición pode considerarse a mellor desde 2006: “É necesario poñer en valor que 90 países están presentes nesta feira con 600 marcas representadas”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recoñeceu tamén que o naval “sufriu a crise como moi poucos sectores industriais e da economía, dunha forma tremenda, durísima”.

Unha contorna na que eloxiou que Navalia tivo “un mérito excepcional” ao “aguantar como feira en anos tan difíciles”:”Foi unha bandeira de perseverar, da expectativa, a esperanza e a confianza nun sector que sabiamos que ía despegar”, rematou.

O NAVAL EN ESPAÑA

Pola súa banda, a secretaria de Estado de Economía, Irene Garrido, transmitiu o seu “orgullo” por participar na inauguración desta feira, que “é xa unha cita de referencia para o sector a nivel global” e que supón “un motor de expansión para os estaleiros galegos e repercute na industria auxiliar e no emprego”.

Alí, coincidiu en que, fronte á “considerable caída na contratación dos últimos anos”, a industria naval en España consolida a súa recuperación a través da diversificación. Así, España ocupa a segunda posición na construción de buques pesqueiros, a terceira en oceanográficos e a cuarta en ferrys; ademais, aborda “unha nova oportunidade” co aumento da demanda de cruceiros.

Orgullosa de que Navalia celébrese na súa cidade natal, Irene Garrido enxalzou durante a súa intervención a “capacidade de adaptación” da industria naval española, que soubo facer fronte á caída do prezo do petróleo e buscou novos nichos de mercado como recientemente o segmento dos cruceros.

Así mesmo, o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, trasladou a “enorme satisfacción e responsabilidade” do banco por estar a participar nesta feira, que fai de Vigo “o epicentro do naval a nivel mundial”.

En todo caso, mantivo igualmente que se constata a “reactivación inequívoca do sector”, o que xustificou nas operacións financiadas pola entidade, que na actualidade alcanzan os 25 barcos. “Algo inaudito hai uns anos”, apuntou, após o que subliñou que o banco puxo este ano enriba da mesa 617 millóns preautorizados para o financiamento do sector.

Tralo acto oficial, e a intervención da Banda de Gaitas de Pontevedra, a comitiva de autoridades procedeu a facer o tradicional percorrido pola feira na que este ano se dan cita máis de 600 marcas expositoras de 90 países.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed