Inicio Blog Páxina 1650

Ferido grave un condutor que se desvaneceu e colisionou contra cinco coches na Avenida de Madrid

Ás 04:30 horas da madrugada deste luns produciuse en Vigo un accidente de tráfico no que se viron implicados cinco turismos que se atopaban estacionados e o condutor dunha furgoneta, de 53 anos de idade.

Os feitos tiveron lugar na Avenida de Madrid confluencia con Avenida Emilio Martínez Garrido, sendo a causa probable unha indisposición súbita do condutor da furgoneta.

Ao parecer, tras o desmaio, impactou contra un vehículo estacionado causando danos a outros catro polo desprazamento dos vehículos. O condutor, tras 20 minutos de manobras de reanimación polos axentes de Policía, unha vez estabilizado, foi trasladado por unha ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Produciuse tamén outro accidente de circulación cun ferido grave no túnel de Travesía de Vigo. Os feitos tiveron lugar ás 13:30 horas do sábado, cando o condutor dunha motocicleta de 55 anos de idade, caíu ao chan por circunstancias que aínda se descoñecen.

Moción por unha TVG libre: “Non vimos a Feijóo cando explotou a súa amizade co narco Marcial Dorado”

0

A Coalición Son vén de presentar unha moción para reivindicar a “defensa da calidade e a independencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia”, tralo que definen como unha “escandalosa manipulación e desmantelamento do servizo público de información por parte do Partido Popular”.

O seu portavoz, Xosé Lois Jácome, apunta a un “incumprimento sistemático da Lei 9/2011, especialmente naqueles aspectos que afondan na independencia e calidade dos medios públicos”; seguindo como director xeral un cargo elixido e nomeado polo PP, “cando debería ter sido elixido por unha ampla maioría de dous terzos no Parlamento” engadiu.

Para o deputado provincial, non son novas as denuncias por parte do persoal da CRTVG. Jácome asegurou que “é algo que vén de lonxe, na CRTVG non puidemos ver a comparecencia en directo de Feijóo cando explotou a súa casual relación de amizade co narcotraficante Marcial Dorado, tampouco puidemos ver máis de 50 segundos no telexornal sobre a sentenza da Gürtel, unha orde expresa da xefa de redacción”.

“A CRTVG está baixo mínimos en canto a produción propia”, advirte o deputado: “A este paso soamente teremos o telexornal e pouco máis”. Jácome tamén reivindicará no pleno azos e apoio expreso a todo o persoal da CRTVG que se atopa coartado na súa liberdade de prensa, e especialmente ós profesionais que veñen de dimitir “en pro duns medios públicos de comunicación plurais e independentes”.

Republicanos de Vigo lembran a colocación hai 86 anos dunha placa no centro de Vigo

O 14 de agosto de 2018 fixéronse 86 anos da colocación dunha placa na oliveira de Vigo por parte da corporación republicana de entón. Foi protexida cun enreixado de ferro e unha cancela e colocouse unha placa de bronce acreditando a promesa que perante ela, fixeron os vigueses de “amor, lealdade e abnegación pola nosa cidade”, en agosto de 1932, sendo alcalde o republicano Amando Garra.

Lembrando esa data un grupo de republicanos vigueses xuntouse na mesma praza 86 anos despois. Ademais, quixeron lembrar a traxedia acontecida en Xapón co lanzamento de dúas bombas atómicas.  Fixérono tamén fronte á oliveira, símbolo internacional da paz.

Durante a última gran guerra, EE.UU conseguiu a rendición xaponesa con dúas bombas atómicas que asolaron as cidades de Hiroshima e Nagasaki e as converteron no símbolo da traxedia .Anos máis tarde, o desenvolvemento das armas químicas e o aumento da tensión internacional levaron á Guerra Fría.

Xuntanza en memoria dos ataques atómicos / Miguel Núñez

Caballero celebra o novo papel principal dos concellos na loita contra a violencia de xénero

O alcalde vigués, Abel Caballero, reuniuse este mércores no seu rol de Presidente da Federación de Municipios e Provincias (FEMP) coa vicepresidenta do Goberno e Ministra de Igualdade, Carmen Calvo, para tratar un tema, como el mesmo valorou, “da maior importancia”, a presenza dos Concellos tanto na loita contra a violencia de xénero como na atención ás vítimas da violencia de xénero.

Esta delegación de funcións fundaméntase “nun Pacto aprobado pola maior parte das forzas políticas e liderado polo PSOE, no que o Estado se compromete a apoiar os concellos na loita contra a violencia de xénero”, aclarou Caballero.

Engadiu ademais o presidente da FEMP que “este pacto, desde que se firmou ata agora pasaron moitos meses… Ata que chegou o goberno actual estivo practicamente conxelado. O goberno anterior non tivo ningún interese en desenrolaralo. Solamente cuando chega Pedro Sánchez se produce unha reactivación”.

“Hai unhas novidades importantísimas, que están case no marco do revolucionario, a favor dos concellos. Devólvese aos concellos as competencias na loita contra a violencia de xénero, a actuación preventiva e a atención ás vítimas. Isto é da maior importancia”, considerou o rexedor vigués.

Caballero e Carmen Calvo/ PSOE

“Por primeira vez nos últimos 5 anos, recuperamos competencias nun área tan importante como a loita contra a violencia de xénero. E os concellos queremos ser fundamentais nesta loita. Este é un cambio de enfoque que comparto ao cen por cen. Facer que a primeira liña de atención ás mulleres vítimas e seus fillos sexan os servizos sociais dos concellos“, defendeu.

“O goberno de España pelexa pola autonomía dos concellos, non aceptando a posición das CCAA de que os fondos contra a violencia de xénero sexan para eles. As comunidades pretendían recibir eles todos os fondos do pacto contra a violencia de xénero, todos. E gastalos eles. O goberno transmitiulles que de ningún modo”, celebra o presidente da FEMP.

Porque, segundo Caballero, os concellos “non necesitamos ningunha intermediación, nin moito menos que sexa a comunidade autónoma quen reciba os recursos que nunca chegan aos concellos. A relación directa entre municipios e goberno é importantísima”.

A inversión para evitar a violencia de xénero nos concellos duplícase, e os 20 millóns pasan a ser 40 millóns: “A cifra comeza a ser significativa. Eu quero valorar moito esta decisión do goberno de España, da vicepresidenta e da ministra de Facenda de duplicar a asignación o próximo ano”.

“Todos son avances, e todos son avances importantísimos para o municipalismo. Por eso eu valoro o papel do partido socialista no Pacto contra a Violencia de Xénero, a súa posta en funcionamento… Todo é espléndido”, selou.

 

Detidas polo furto dun Iphone en Castrelos alegan que “o atopamos e temos dereito a quedárnolo”

Aconteceu un curioso incidente na noite deste mércores en Castrelos, tralo concerto de Morat. Un home botou en falta o seu móbil. Segundo o seu relato, o colleran dúas mulleres e procedeu a recuperalo das súas mans. Cando chegou a policía, elas defendéronse alegando que “o atoparan”, pero unha delas tentou darse á fuga. Ambas foron detidas.

Ás 00:38 horas, os axentes da Policía Local de Vigo trasladáronse ao Parque de Castrelos, onde ao parecer producírase o roubo dun teléfono móbil e o propietario localizara aos autores.

Unha vez no lugar, o propietario do teléfono informoulles de que, atopándose na cantina do parque, cando se dispoñía a pagar unhas consumicións se decatou de que lle faltaba o seu terminal móbil do peto.

A súa parella, que lle acompañaba, comezou a marcar o número de teléfono do terminal botado en falta, comprobando como dúas mulleres que se atopaban a escasos metros ocultaban algo de forma sospeitosa entre as súas pertenzas. O teléfono daba ton de chamada pero colgaban de inmediato.

Ante a actitude sospeitosa das mulleres que abandonaron á carreira o lugar, procederon a seguilas. Ambas se detiveron xunto a outra muller e a varios homes. O requirente observou como unha das sospeitosas portaba o seu teléfono, arrebatándollo das mans.

Cando a patrulla chegou ao lugar, as presuntas autoras do roubo estaban nas proximidades. Manifestaron que atoparan o teléfono e que por iso tiñan dereito a quedarllo.
A primeira das referidas -A.C.P.- intentou neses momentos fuxirse do lugar, sendo impedida a súa fuxida por un dos policías. O terminal telefónico obxecto do furto é un Iphone da marca Apple, valorado en 700 euros.

Caballero anuncia 27 accións especiais no PXOM para mellorar e integrar zonas deterioradas da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes en rolda de prensa que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que irá a pleno para a súa aprobación inicial antes de final de agosto, contemplará 27 plans de actuación especial para preservar e integrar zonas deterioradas da cidade.

Segundo explicou o rexedor, a PXOM de 2008 (anulado polo Tribunal Supremo a finais de 2015) contemplaba, para eses núcleos, “arrasar” e “facer borrón e conta nova”, pero nesas zonas hai “vivendas dignas”, cuxos propietarios non poderían reiniciar as súas vidas cunha eventual indemnización. Por iso, explicou, o novo plan urbanístico prevé realizar melloras nesas contornas, para integralos no desenvolvemento urbanístico da cidade, mellorando a calidade de vida dos seus veciños.

Caballero incidiu en que non comparte a “filosofía” do anterior PXOM con respecto a eses barrios, e insistiu en desligarse do plan aprobado en pleno a finais de 2007 (cos votos favorables do seu partido, o PSOE e do BNG, e o voto contrario do PP) e ratificado en 2008 pola Xunta.

O alcalde sinalou que eses plans de actuación especial beneficiarán a “miles” de veciños de zonas como Canadelo, o barrio de Ribadavia, Riobóo, A Salgueira, Guixar, Ríos, Espiñeiro, Toural, Cambeses, Numancia, A Rola ou Ceboleira, entre outras.

A falta de persoal provoca unha “situación extrema” nos centros de saúde do Baixo Miño

0

A CIG-Saúde de Vigo denunciou publicamente a “situación extrema” na que se atopan centros de saúde do Baixo Miño pola falta de persoal. É o caso do centro de saúde do Rosal, que na xornada anterior contou só cunha médica, o que provoca deficiencias na atención. “A situación é grave, xa que ten que asumir a asistencia dun concello de máis de 6.000 persoas que no verán ve aumentada a súa poboación”, apuntan dende o sindicato.

Dende a CIG recalcan que a sobrecarga de traballo é insostible nestes casos, aínda máis tendo en conta que non é unha situación puntual, senón que se repite ao longo do verán. Por iso, dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e estabilizar o emprego.

O Centro de Saúde de Oia ten unha situación semellante ao do Rosal, pois un único facultativo atende, neste caso, a ausencia das dúas médico da localidade.

Isto tamén se traduce nun aumento das asistencias do servizo de ambulancias da zona e do PAC da Guarda, que este ano non conta con reforzos, segundo explican dende a CIG. No caso de que algunha urxencia requira ir acompañada ao hospital, a localidade quedaría sen persoal médico arredor de dúas horas no caso do Rosal. “Hai que lembrar que o PAC dá asistencia a preto de 20.000 persoas dos tres concellos (Oia, O Rosal e A Guarda), poboación que experimenta un aumento significativo no verán”, apunta a CIG.

Por outra banda a CIG-Saúde tamén califica de “preocupante” a situación da Atención Primaria, e apostan por estabilizar o emprego cunha OPE que saque todas as prazas necesarias para ter os centros cubertos co persoal necesario para asegurar unha asistencia digna. Salientan que os profesionais buscan as mellores condicións noutras comunidades autónomas, polo que mellorar as condicións laborais é necesario para “atraer de novo aos profesionais”.

Detido en Vigo por agredir a súa exparella, a un home que tentou defendela e a axentes da Policía

Un mozo de 22 anos domiciliado en Vigo foi detido tras losquear a súa exparella e agredir a un home que tentou defendela, así como morder e propinar unha patada a policías que interviñeron ante a situación.

Fontes policiais detallaron que, sobre as 18,46 horas deste martes, os axentes foron requiridos por un suposto delito de violencia de xénero desde a avenida Atlántida. Tras desprazarse ao lugar, comprobaron que dous homes discutían e encarábanse, polo que procederon a separalos e identificalos.

Posteriormente, un deles indicou que escoitara unha forte discusión de parella e observara como o outro home empurraba unha muller que o acompañaba e losqueábaa. Por iso, indicou que se interpuxo entre ambos, ante o que o outro home agrediuno e ameazouno.

Pola súa banda, os policías verificaron a información e entrevistáronse coa muller, que detallou que o home que a agredira era a súa exparella e que ata uns días antes constoulle unha orde de afastamento sobre ela. Así, explicou que, tras pasar a tarde xuntos na praia, el negouse a separarse dela e esixiulle retomar a relación, o que orixinara a discusión durante a que a agrediu.

Así mesmo, o agresor comezou a mostrar unha actitude violenta e a ameazar os axentes, ademais de tentar propinar unha puñada a un deles e unha patada a outro. Como consecuencia, os policías reduciron o home, que opuxo unha gran resistencia e cuspiulles.

Despois, foi introducido no vehículo policial, cuxa porta desencaixou ao golpeala fortemente. Ante o seu estado, solicitouse a presenza dunha ambulancia e administróuselle unha inxección, o que tentou evitar ao propinar unha patada a un funcionario e morder a outro. Finalmente, foi trasladado ao centro médico Povisa, onde quedou á espera dunha valoración.

O TS pide informe á Fiscalía sobre a querela da Asemblea Republicana de Vigo por non investigar ao Rei Emérito

A Sala do Penal do Tribunal Supremo ditou unha providencia pola que designa relatora e dá traslado á Fiscalía para que informe sobre competencia e contido da querela presentada pola Asemblea Republicana de Vigo contra a fiscal Xeral do Estado, Dolores Delgado, e contra o director xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Jesús Gascón, por presunta prevaricación, ante un “intolerable abandono das súas obrigas” fronte aos supostos delitos fiscais que cometería o Rei Emérito, Juan Carlos I.

Na providencia, ditada o pasado 5 de abril e á que tivo acceso Europa Press, noméase relator á maxistrada Carmen Lamela do auto que, tras coñecer a análise que realice a propia Fiscalía, debe ditarse para admitir ou ben inadmitir a querela.

Segundo explicou a Europa Press o avogado tributarista que redactou a querela, Antón Beiras, a nova regularización fiscal do Rei Emérito, polo IRPF e por 4,4 millóns de euros, “significaría que nin a AEAT nin a Fiscalía abriron unha inspección tributaria ou unha investigación penal formal” ante Juan Carlos I.

Lembrou para que esa regularización “sirva de escusa absolutoria no ámbito penal”, debe producirse de forma “espontánea e veraz”, é dicir, que non haxa previamente unha inspección tributaria nin unha investigación formal.

Para Beiras, “durante todos estes meses ninguén, nin a Axencia Tributaria nin a Fiscalía, notificou ao Rei Emérito a súa condición de investigado ou inspeccionado”. “Outorgáronlle o privilexio de que regularice as cantidades defraudadas e eluda calquera sanción penal ou administrativa”.

Segundo o avogado, á marxe do posible delito de prevaricación, estuda tamén incluír na querela un suposto delito de negociacións prohibidas, no caso de que haxa indicios de que “se estivo negociando e pactando unha regularización tributaria” para o Rei Emérito.

Alcaldes da ‘raia’ mostran “incredulidade” ante arectificación sobre a reapertura da fronteira

Alcaldes de municipios galegos da ‘raia’ recibiron con “incredulidade” que o Goberno rectificase o anuncio efectuado sobre a reapertura das conexións con Francia e Portugal “a partir do 22 de xuño” despois de que o Executivo luso mostrase o seu malestar respecto diso.

En declaracións a Europa Press, o rexedor de Tui, Enrique Cabaleiro, e a súa homóloga en Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, insistiron na necesidade de que se reabran todas as conexións de Galicia co país luso coas medidas de seguridade que resulten precisas. Así, apuntaron que se busca evitar as retencións rexistradas nos poucos pasos que permanecen abertos e que prexudican, especialmente, aos traballadores transfronteirizos.

Ademais, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, considerou un “sinsentido” manter o peche de fronteiras dado que ambas as partes da ‘raia’ están nunha situación epidemiolóxica similar.

Esta posición foi compartida por Cabaleiro, quen tamén asegurou que o mantemento do bloqueo dos pasos transfronteirizos deixou “descolocados” aos rexedores galegos e aos seus homólogos lusos. De feito, afirmou que “non entenden” que se perpetúe o peche de fronteiras “a estas alturas” da evolución da crise sanitaria da COVID-19.

En concreto, o rexedor de Tui lembrou que esta localidade non se viron tan afectada o peche de fronteiras como outras dado que un dos seus dous pasos fronteirizos mantívose aberto, o correspondente á ponte internacional polo que discorre a autovía.

No entanto, sinalou que o feito de que só catro do sete pasos transfronteirizos da zona permanezan abertos levou que se incrementen as retencións co avance do proceso de ‘desescalada’.

Por este motivo, o rexedor de Tui incidiu na necesidade que, tal e como tamén demandaron os presidentes das cámaras lusas próximas á ‘raia’, procédase á reapertura das conexións co país veciño “cos controis que sexan precisos” para evitar que se “agraven” as consecuencias.

CONSECUENCIAS ECONÓMICAS

A este respecto, Enrique Cabaleiro sinalou que esta situación “compromete a viabilidade económica” dos municipios e recibiu con “incredulidade” a postura do Goberno portugués, xa que, segundo asegurou, as consecuencias do peche das fronteiras prexudican en maior medida á parte lusa da ribeira do río Miño.

Así, apuntou que entre o 30 e o 40% do comercio dos municipios galegos transfronteirizos depende da apertura das conexións co país veciño, unha cifra que asegurou que se eleva ata o 70 ou 80% no caso das localidades portuguesas, que afirma que tamén sufrirán en maior medida a caída do turismo.

Adicionalmente, o alcalde de Tui explicou que esta localidade e Valença comparten “servizos públicos e equipamentos”, o que leva que a situación actual xere consecuencias tamén a nivel social.

“RELACIÓN ESTREITA”

Pola súa banda, Marta Valcárcel destacou a “relación estreita” que manteñen Salvaterra de Miño e Monçao a través dunha ponte internacional que, habitualmente, acumula un tráfico diario de 10.000 vehículos dos que 9.000 son lixeiros.

Tamén resaltou que moitas familias de ambas as ribeiras do río Miño levan aos seus fillos a gardarías ou colexios da oposta e asegurou que esta situación prexudica en maior medida aos traballadores transfronteirizos.

Deste xeito, afirmou que unha persoa residente en Salvaterra de Miño que desempeñe os seus labores en Monçao pasou de desprazarse ao seu posto de traballo nuns minutos a percorrer 120 kilométros para acceder ao país veciño polo paso aberto máis próximo, o situado entre Tui e Valença, e a sufrir retencións de “ata dúas horas”.

Así mesmo, a rexedora de Salvaterra de Miño lembrou que os alcaldes dos municipios transfronteirizos reclamaron a reapertura de todos os pasos “desde o minuto 0” con “as mesmas medidas sanitarias e restricións” aplicadas no nove da península que permanecen abertos. Así, contrastouse que se busca facilitar os desprazamentos de traballadores transfronteirizos e incidiu en que non se trata dunha demanda enfocada no turismo.

Na mesma liña, a alcaldesa do Rosal subliñou que a repaertura dos pasos permitiría evitar o “embotellamento” da ponte internacional de Tui e lamentou que os gobernos luso e español “non entendan a realidade transfronteiriza” dos municipios galegos e lusos da ‘raia’ nin a súa relación.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed