Inicio Blog Páxina 1542

Denunciado un mozo fuxido tras un accidente cun quad en Gondomar que saíu por estar “angustiado en casa”

A Garda Civil localizou un condutor dun quad que se deu á fuga despois de sufrir un accidente de circulación ao chocar cunha furgoneta no municipio de Gondomar. O home alegou que saíra dar unha volta, pese ao confinamento polo estado de alarma, ao estar “angustiado en casa”.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións iniciáronse cando tivo noticia dun accidente de circulación ocorrido este mércores nunha estrada secundaria da parroquia de Vincios, no municipio de Gondomar, no que unha furgoneta tivo danos materiais ao chocar cun quad que se deu á fuga.

Unhas dúas horas despois do accidente, efectivos do Posto da Garda Civil localizaron o condutor do quad nas inmediacións do seu domicilio, a uns tres quilómetros do lugar do accidente.

O vehículo, indicaron as mesmas fontes, “presentaba a primeira ollada evidentes signos de chocar coa furgoneta” e o condutor, que dixo saíra para dar unha volta polo monte porque se “sentía angustiado en casa”, alegou que se deu á fuga porque circulaba sen casco e, ademais, non tiña pasada a ITV.

O condutor foi identificado como un mozo de 24 anos, veciño do mesmo termo municipal que, ademais de enfrontarse a unha serie de responsabilidades penais e/ou administrativas por abandonar o lugar do accidente e circular sen caso e sen a ITV, tamén foi denunciado por non respectar as restricións de circulación impostas polo real decreto que regula o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria polo COVID-19.

Morre un mozo de 19 anos ao saír da vía o coche que conducía e chocar contra un muro en Gondoma

Un mozo de 19 anos perdeu a vida esta madrugada en Gondomar ao saírse da vía o coche que conducía e chocar contra un muro. No vehículo viaxaban outros tres mozos de entre 16 e 18 anos que foron trasladados feridos o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Segundo información do 112, o suceso tivo lugar ao redor das 5,00 horas da madrugada deste domingo na PO-340, máis concretamente á altura da gasolinera de Mañufe, na recta que une os municipios de Gondomar e Nigrán.

Tras o sinistro, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) recibiu a chamada de alerta de varias persoas para solicitar asistencia médica urxente para os ocupantes do turismo.

Deste xeito, os xestores do 112 puxeron en alerta a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Baixo Miño e Vigo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén solicitaron a colaboración dos membros do grupo de emerxencias supramunicipal (GES) de Val Miñor e do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.

Fontes do 061 consultadas por Europa Press indican que había catro mozos no interior do coche. Destes, A.D.M., o condutor de 19 anos e veciño de Baredo (Baiona), faleceu a causa do choque.

Os outros tres ocupantes do vehículo eran dúas mozas de 16 anos e outro mozo de 18, que resultaron feridos e tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro polos servizos sanitarios.

Pola súa banda, fontes do GES de Val Miñor relataron que se trata dun accidente “moi forte” no que 2 das catro persoas que viaxaban no coche tiveron que ser excarceradas.

Ata o punto desprazouse un equipo de atestados para investigar o ocorrido, explican estas mesmas fontes a Europa Press.

A área de Vigo rexistra catro falecidos en centros de anciáns

0

Galicia superou xa os 1.300 mortos pola Covid. Concretamente, son xa 1.303 os falecidos tras informar a Xunta de dez novos decesos en hospitais e residencias do país, unha cifra que supón un incremento cos datos dos últimos días. 

Dos dez deste venres, a metade procedían ou faleceron en centros de anciáns. Catro faleceron en centros, dúas mulleres de 94 e 97 anos, faleceron no Centro integrado CEGADI (Procedente da Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño) e centro integrado Boullosa Pardo de Vera de Vigo (Procedente da residencia CRAPD de Vigo II), respectivamente.

Outro home de 89 anos morreu no CHUVI, pero era Residencia Doral de Mos e dúas mulleres de 97 e de 82 anos faleceron na residencia Vila do Conde de Gondomar.

Abel Caballero esixe “responsabilidades” polo acontecido coa COVID en residencias de maiores

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este venres a súa “inmensa preocupación” pola situación das residencias de maiores na comarca, especialmente por un dos centros da cidade olívica, polo elevado número de contagios, e esixiu “responsabilidades” ao presidente da Xunta, que ten a competencia sobre estes servizos.

Nunha rolda de prensa, o rexedor referiuse, sen concretar, a unha residencia de Vigo, á de Salvaterra e unha de Mos, onde hai niveis de contaxio “elevadísimos”, que “non son de recibo”. “Mostran que a Xunta non está a atender ben esa parte da súa competencia. Está a atendela francamente mal”, denunciou.

“Non se pode admitir, que de súpeto, en tres residencias desta área, aparezan ducias e ducias de maiores contaxiados. Son a xente máis vulnerable, e a competencia é exclusiva da Xunta. Xa tiñamos avisos desde a primeira onda, como non tomaron medidas?”, criticou, e engadiu que esixe “responsabilidades” a Feijóo polo que sucede nas residencias, especialmente na de Vigo e na Mos, onde hai residentes procedentes da cidade olívica.

Segundo os datos trasladados este venres por Política Social, en Vigo hai dúas residencias con casos de COVID, a de Ballesol (41 usuarios e 12 traballadores) e o CRAPD Vigo II (4 usuarios e 4 traballadores); en Mos hai dúas residencias afectadas, Doral (12 usuarios e 2 traballadores) e Virxe de Guadalupe (9 usuarios); mentres que na residencia de Salvaterra seguen contaxiados 32 usuarios e 27 traballadores.

Por outra banda, Caballero volveu a referirse a a reunión telemática mantida nas últimas horas co conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, na que este, “recoñeceu que non enviara datos (da evolución da pandemia) a Vigo”. “Déronse conta de que uns crían que os mandaron outros, e viceversa. Non se pode funcionar peor“, proclamou.

Ademais, repetiu que o portavoz do PP, Alfonso Marnotes, que este xoves “mentiu gravemente” por dicir que o goberno local dispuña de datos dos contagios, “ten que irse” porque “non é digno de pertener ao pleno” da cidade.

O portavoz do grupo ‘popular’ respondeu ao rexedor criticando que “use a sanidade e a pandemia para confrontar“, e engadiu que “se hai alguén mentireiro é el, que dixo que non podía gastar os remantentes e tiña que entregalos a Madrid, que ocultou as analíticas que dicían que a auga non era apta para consumo, e que dixo que habería mil millóns para recuperar a economía e non deu nin un euro a comerciantes nin hostaleiros”. “Que deixe de confrontar, que colabore e que atenda ás súas responsabilidades”, pediu Marnotes.

A Deputación avisa: “a desinfección das escolas non compete ós Concellos”

0

A Deputación de Pontevedra advertiu de que a desinfección dos centros escolares de infantil, primaria e especial con motivo da COVID-19 “non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza”. 

Así conclúe un informe elaborado pola Secretaría Xeral da administración provincial que foi solicitado por concellos da provincia, para coñecer o alcance real do ‘Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos Centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021’ das Consellerías de Educación e de Sanidade .

Este documento establece medidas de prevención e un protocolo de limpeza e desinfección que contempla a limpeza dos aseos polo menos dúas veces ao día, existencia de material de desinfección, realización de limpeza e desinfección dos postos compartidos nos cambios de quenda, e ao finalizar a xornada, entre outras.

O informe asinado polo Secretario Xeral da Deputación, que xa foi remitido aos concellos, inclúe toda a normativa legal tanto estatal como autonómica en materia de educación, salubridade pública e de sanidade, incluídas as responsabilidades mínimas aínda que non sexan competencias municipais, “nas que non figura nin unha soa excepción para que sexan os concellos os que corran coa desinfección dos centros”.

O texto refire que para esta “nova competencia (impropia)” que se traslada aos municipios mediante unha disposición “que non ten o rango normativo suficiente”, non se acudiu nin á delegación de competencias na que deberá de valorarse o impacto no gasto nos municipios afectados (a pesar de que “en ningún caso poida levar un maior gasto dos mesmos”), nin o encargo de xestión a través do correspondente convenio “que así mesmo deberá acompañarse do financiamento necesario”.

PONTEVEDRA

Precisamente o Concello de Pontevedra contratou a 16 persoas para a desinfección diaria nos colexios o que supón un servizo suplementario que ascende a 297.000 euros para todo o curso lectivo nos 20 colexios públicos de infantil e primaria, así como na escola infantil da Parda. Este custo extraordinario supón un incremento dun 40 % con respecto aos 750.000 euros que está a pagar o Concello pola limpeza ordinaria dos centros escolares.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou este mércores o decreto de emerxencia polo que contrata estes traballos extraordinarios a Ferrovial Servizos, actual concesionaria de limpeza viaria e de dependencias municipais. Segundo detallou en rolda de prensa o concelleiro de Servizos, Raimundo González, estes 16 novos contratos empezan este xoves co inicio do curso e estenderanse ata o 9 de xullo e desenvolverán labores de limpeza permanentemente durante o horario lectivo.

Raimundo González destacou que o Concello de Pontevedra asume ese gasto “por responsabilidade e por respaldo á educación pública” pero lembrou que se trata de “unha competencia impropia” polo que se reclamará á Xunta o pago deste sobrecusto.

A crise en China provoca unha gran baixada das vendas de PSA-Citröen en xaneiro

O Grupo PSA recortou un 14,3% as súas matriculacións mundiais durante o pasado mes de xaneiro, cun volume de 206.861 unidades en comparación coas 241.454 unidades entregadas no devandito mes do ano anterior, segundo datos publicados pola empresa.

Por rexións, o grupo que dirixe Carlos Tavares comercializou 182.549 unidades en Europa o mes pasado, un 14,2% menos, mentres que en Oriente Medio e África vendeu 9.073 unidades, un 101,6% máis, e 8.964 unidades en Latinoamérica, un 3% menos.

En China e Sueste asiático, a compañía automobilística rexistrou un volume de vendas de 4.081 unidades, un 68,5% menos, á vez que matriculou 1.305 unidades en India e Pacífico, un 13,7% menos, e 889 unidades en Eurasia, un 104,4% máis.

Por marcas, Peugeot pechou o primeiro mes do ano con 82.113 unidades vendidas, un 9,5% menos, mentres que Citroën vendeu 56.711 unidades, o que representa unha diminución do 13% respecto ao mesmo período de 2019.

As entregas mundiais de DS experimentaron un crecemento mensual do 48,9%, ata 4.364 unidades, e Opel/Vauxhall contabilizou unhas entregas de 63.673 unidades o mes pasado, cunha redución do 22,9%.

A CUT ESTUDA IMPUGNAR O CONVENIO

O sindicato CUT anunciou este martes que estuda impugnar o proceso de negociación do convenio colectivo da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (acordo que foi asinado, hai uns días, unicamente polo sindicato SIT, o maioritario no comité), tras constatar que se están producindo “modificacións constantes” e se recollen cambios “que non foron negociados”.

Segundo este sindicato, que ten 4 dos 33 delegados no órgano de representación dos traballadores, tras recibir o borrador do texto do convenio e os anexos, “as sorpresas son innumerables”, e puxo como exemplo a posibilidade de que a quenda de noite do sistema 1 traballe 7 de 7 xornadas.

Así mesmo, a CUT lembrou que o proceso de negociación deste convenio “xa empezou con polémica” pola negativa da empresa a que os sindicatos puidesen contar con asesores externos na mesa. Esa decisión foi denunciada por esta central, que advertiu de que, se os tribunais estiman a súa demanda, “pode retrotraerse o proceso de negociación ao seu comezo”.

O TSXG ordena a repetición do xuízo do acusado de abusar sexualmente de dúas menores en Vigo

0

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a repetición do xuízo do vidente acusado de abusar sexualmente de dous menores en Vigo, que fora absolto da suposta comisión deste delito por falta de probas e só foi condenado como autor dun delito de tenencia ilícita de arma prohibida dado que se descubriu que gardaba un bastón pistola na súa oficina.

Así, o TSXG estimou na súa sentenza, contra a que cabe recurso ante o Tribunal Supremo, o recurso interposto pola Fiscalía, que demandou a revogación ou a anulación da resolución xudicial. En concreto, anulou a sentenza emitida pola Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, á que se deberán devolver as actuacións para que outro tribunal axuice os feitos.

O Ministerio Público solicitará a imposición dunha pena de 12 anos de prisión ao concluír que o acusado pedía ás menores que lle enviasen fotografías de contido sexual e, a cambio, dáballes diñeiro, así como outros dous anos de cárcere pola tenencia da arma atopada na súa oficina. En relación á sentenza recorrida, o fiscal sinalou “incongruencias” na valoración do informe psicolóxico e a declaración dunha das menores, ademais de asegurar que non existían elementos que permitisen “pór en cuestión as declaracións da outra menor”.

Tamén apuntou que se declarou probado que “o acusado solicitara fotos a unha das menores, a través do teléfono móbil, de carácter ‘sexy‘“, así como que se recoñeceu a remisión destas imaxes.

A ese respecto, o tribunal non se pronunciou sobre a culpabilidade do home ao argumentar que “non pode operar unha modificación dos feitos probados que conduza á condena do acusado” sen un “exame directo e persoal dos acusados ou testemuñas”.

CONCLUSIÓNS

A sentenza do Tribunal Superior tamén concluíu que a alusión ao posible “ánimo espurio” da nai dunha das menores contra o acusado que reflicte a sentenza da Audiencia “non implica automaticamente a carencia de veracidade da versión da menor e da que achega a súa amiga e tampouco o feito de que a denuncia non se efectúe a iniciativa das menores”. O organismo competente considerou que se pode achacar á súa “confianza” no acusado. Ademais, incidiu no “escaso lapso de tempo que terían as menores para conciliar unha versión concorrente unha vez adoptada pola nai (dunha delas)/delas) a decisión de denunciar”.

“o propio acusado recoñeceu a recepción de fotos das nenas no xulgado de instrución”.

Adicionalmente, os xuíces argumentaron que “se obvia a documental consistente no exame dos Whatsapps (intercambiados entre o acusado e unha das nenas) que foron intervidos“, así como que nos mesmos pídese á menor que non traslade á súa nai que o home buscaba levala a un monte. Tamén remarcaron que nestas mensaxes pídense “fotos explícitas” e lembraron que “o propio acusado recoñeceu a recepción de fotos no xulgado de instrución”. En canto ao feito de que se cuestionen as diferenzas mostradas por unha das nenas nas súas declaracións, o TSXG afirmou que as variacións se refiren a “elementos circunstanciais que non alteran o factum sobre o que se asenta a denuncia”.

Deste xeito, xustificou a repetición do xuízo ao apuntar que “se afirma a falta de veracidade dos feitos a través da incredibilidad subxectiva da menor sen que se xustifique adecuadamente tal circunstancia”. De feito, o Tribunal Superior aludiu ao feito de que o exame das declaracións das menores que se reflicte na sentenza “non se corresponde co informe psicolóxico do Imelga, segundo o cal en ambos os casos trátase de relatos cribles”.

Incautan 780 paquetes de tabaco de contrabando a un viaxeiro ruso no aeroporto de Peinador

A Garda Civil, en colaboración con axentes da Unidade de Análise de Riscos (UAR) da Aduana de Vigo, interviu no aeroporto de Peinador 780 paquetes de tabaco de contrabando que levaba na súa equipaxe un viaxeiro procedente de Rusia.

Os feitos tiveron lugar a pasada fin de semana cando os efectivos do Destacamento Fiscal da Garda Civil que prestan servizo no aeroporto de Peinador interceptaron, coa colaboración dos axentes da UAR, unha maleta sospeitosa no control aduaneiro da equipaxe que viña facturada nun voo procedente de Rusia con escala en Lisboa.

Tabaco incautado/ Garda Civil

Ao comprobar o contido da maleta, de dobre fondo, incautáronse un total de 780 paquetes de tabaco das marcas “ Marlboro”, “Kent Blue” e “ Rothmans Of London”. O tabaco atopábase disposto en cartóns e paquetes soltas no interior da maleta facturada e parte del estaba oculto detrás do forro interior da propia maleta.

A maleta fora facturada a nome dun pasaxeiro de nacionalidade rusa, que foi identificado e denunciado ante a Administración de Aduanas e Impostos Especiais de Vigo como suposto autor dunha infracción administrativa de contrabando. O tabaco aprehendido, cuxo valor no mercado aproxímase aos 3.700 euros, foi posto a disposición da Administración de Aduanas.

Reportaxe fotográfica: O realismo máxico de Chapela

Desde Xornal de Vigo levamos tempo buscando un retrato para o barrio de Chapela, limítrofe coa cidade olívica e pertencente ao Concello de Redondela. Moitas persoas cruzan a fronteira a diario, mais Chapela continúa a ser unha terra descoñecida para milleiros de vigueses.

Paisano de chapela/ Miguel Nuñez

Curiosamente, o seu emblema é un peixe que se agocha baixo as areas. Pero, que esconde Chapela?

Unha das dificultades deste estudo é que ás veces resulta complicado determinar se unha árbore, unha estatua ou unha parede está en Chapela ou Vigo. A quen pertence este psicodélico graffiti?

Graffiti, en Chapela ou Vigo? / Miguel Núñez

A uns poucos quilómetros de Vigo, outras casas, outras tendas, outras praias. Os nenos xogan a tirarse desde o peirao, algo que hai tempo que non vemos nos arredores do Náutico. O brillo do Sol embelece a auga.

Mergullándose en Chapela / Miguel Nuñez

Por algunha razón, Chapela chamou a atención de centos e centos de persoas que atoparon a tranquilidade, ou se cadra moito máis, neste lugar.

Un xubilado de Chapela/ Miguel Núñez

Un lugar tantas veces esquecido pero que, mirado con ollos novos, demostra algo especial, un realismo máxico.

Arbusto rectangular/ Miguel Núñez

E para moitos de nos Chapela aínda pode supoñer a vertixe de coñecer un universo novo.

Limpando a ventá/ Miguel Núñez

Se deixamos a un lado a voz, a man, que pide ou simplemente ordena regresar.

E coñecemos unha contorna diferente, realmente estraña ás veces, cun chisco de beleza.

Tamén coas súas miserias: ata o paraíso as ten. Vías dun tren que xa non pasa, degradándose cada día.

E ninguén sabe a onde leva todo isto.

Mais caberá sempre respectar a capacidade do ser humano para adaptarse aos desafíos que se lle presenten e facer deste un mundo mellor.

Chapela

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed