Un condutor de avanzada idade provocou un accidente contra outros dous vehículos en Vigo tras circular en dirección contraria pola AP-9, segundo informan fontes da Garda Civil.
O suceso tivo lugar na tarde deste luns, cando o condutor, segundo os primeiros indicios, se incorporou á autoestrada en sentido contrario na zona de Santa Mariña de Cabral.
O condutor acabou impactando contra outros dous vehículos á altura do túnel de Candeáns, no termo municipal de Vigo.
A controversia saltou este fin de semana logo dunha información recollida polo Faro de Vigo que sinalaba que unha inmobiliaria puxera á venda os terreos e edificios do Museo de Rande e apuntaba á familia Martínez-Bordiú como os propietarios dos mesmos.
Segundo a información, o Museo de Meirande situado nos terreos da coñecida como “Fábrica do Alemán”, estaban incluídos nun lote con outros terreos cun total de 7.800 m2 por un prezo de saída de 250.000€.
A resposta do Concello de Redondela e da Autoridade Portuaria ante a noticia non se fixo esperar, reclamando o terreo comodominio público portuario, e que polo tanto non podía ser vendido.
No caso do Concello de Redondela, a súa alcaldesa Digna Rivas en declaracións á Radio Redondela lanzaba unha mensaxe de “calma e tranquilidade” á venciñanza e sinalaba que sobre o terreo do Museo de Rande tiñan concedida unha cesión por 35 anos por parte da Autoridade Portuaria de Vigo e que a discusión estaría nos “lindes dalgúns terreos da contorna”.
A Fábrica do Alemán
A fábrica do alemán foi antes unha empresa de salgadura de peixe e carne fundada en 1836 por unha familia catalá, os Carsí. A familia Carsí mantivo a propiedade da factoría ata 1939 onde pasa a mans do empresario Román Cordero Martín.
Finalizada a Guerra Civil española Cordero inicia a modernización das instalacións e solicita permiso para ampliar e ocupar máis espazo da zona marítimo terrestre portuaria, pero a un ano de rematar as obras a factoría pasa a mans do empresario alemán Otto Gerdtzen Boyé en 1944, fundando o que serían a fábrica de Conservas Boyé.
Dende ese momento as instalacións pasan a ser coñecidas popularmente como a “Fábrica do Alemán” e a súa actividade perdura ata 1955, cando a fábrica pecha definitivamente como conserveira.
Otto Gerdtzen Boyé, o empresario con vínculos co nazismo en Vigo
Membros do “Hogar Alemán” en Vigo – Instituto de Estudos Vigueses
Pero a salgadura e a conserva non eran os únicos negocios do “Alemán”. Na súa chegada a Vigo Otto Gerdtzen vende máquinas frigoríficas para as conserveiras, así como motores mariños diesel da marca Otto-Deutz.
A prolífera actividade do empresario alemán aparece tamén vinculada á minería e extracción do volframio, o mineral galego esencial para a construción dos temidos tanques Panzer alemáns.
O cargadoiro próximo á fábrica do Alemán tivo unha intensa actividade, con presenza continua de buques que daban servizo de aprovisionamento aos submarinos U-boot alemáns. Feito recollido nos diarios persoais do almirante alemán Karl Doenitz.
Vapor Estoril cargando mineral en Rande – Foto Pacheco.
A frenética actividade empresarial de Otto Gerdtzen xunto á do cónsul alemán en Vigo, Karl A. Vorkauf, non pasou desapercibida para os servizos de espionaxe aliados. Feitos polos que Inglaterra e EEUU prohiben en 1917 e 1918 calquera acordo comercial con estes empresarios con motivo da Primeira Guerra Mundial.
Pero este veto non sería o único e a reserva federal dos Estados Unidos volvería a incluílos na súa lista negraen 1942, unha vez finalizada a Segunda contenda.
O vínculo coa familia Franco
Isabel de Cubas Gerdtzen Urquijo . Foto Diario de Navarra
O parentesco dos actuais donos dos terreos, os irmáns Martínez-Bordiú de Cubas está ligada á descendencia da propia filla de Otto Gerdtzen, Isabel Gerdtzen Falces que en 1926 casa co conde Francisco de Cubas y Urquijo e froito dese matrimonio nacen dous fillos. Isabel de Cubas Gerdtzen Urquijo, e Gustavo.
Isabel de Cubas Gerdtzen Urquijo contraería matrimonio co Conde de Morata de Jalón, Andrés Martínez-Bordiú Ortega, irmán de Cristóbal Martínez-Bordiú Marques de Villaverde o “yernísimo” do ditador Francisco Franco.
Quen é o titular dos terreos?
Pois “a batalla”, e nunca mellor dito, está servida xa que Autoridade Portuaria e Concello de Redondela aseguran que son de dominio público portuario e por tanto non poden ser vendidos.
Esta postura ven defendida porque o 1 de setembro de 2004 a Autoridade Portuaria de Vigo incoa expediente de caducidade da concesión á última titular Dª Isabel Gerdtzen Falces (filla de Otto Gerdtzen), da que fora a ampliación da fábrica de salgadura e a rampla de servizo en Rande onde estaba a fábrica de Conservas Boyé.
A Autoridade Portuaria sinala no anuncio a imposibilidade de notificación á interesada e dálle un prazo de 10 días para presentar alegacións. Alegacións que nunca chegarían.
A información recollida polo Faro de Vigo fala da posta á venda de 1.278 m2 dos terreos do Museo de Rande, dato que non coincidiría coa información de catastro que sinala que a parcela ocupada ten 2.378 m2.
Polo que todo apunta a que a parcela en venta podería ser a da escritura orixinal dos Carsí e por tanto propiedade dos Martínez-Bordiú em herdanza, e non do recheo sobre o dominio público onde se atopa o Museo de Rande.
Correspóndelle agora ás partes – Familia Martínez-Bordiú de Cubas, Autoridade Portuaria e Concello de Redondela – delimitar esas lindes e despexar definitivamente a incógnita.
A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou este xoves o “incumprimento” da normativa de seguridade alimentaria no mercado do Nadal ‘Cíes Market’ ante a Consellería de Sanidade e o Concello de Vigo mediante escritos presentados nos seus rexistros. Ademais, a semana pasada remitiuse outro a Inspección de Traballo para pór no seu coñecemento as condicións laborais dos seus empregados.
Así o avanzaron as sindicalistas Sefi Romero e Transi Fernández, xunto ás que compareceron varias exempregadas do mercado.
En concreto, no texto sinálase que os alimentos vendidos nas casetas do ‘Cíes Market’ son manipulados por empregados que “non están en posesión” da acreditación necesaria para o seu tratamento e que algunhas das instalacións carecen dunha vitrina para protexer a comida.
Ademais, apuntouse que os carros nos que se sitúan os flocos de millo, o algodón de azucre e os perritos quentes “móllanse cando chove” porque carecen de protección, así como que, en ocasións, estes produtos “manipúlanse coas mans” ante a escaseza de luvas para os empregados.
Tamén se detallou que os alimentos se almacenan no baixo do número 27 de Praza Compostela, que “non dispón” de sistemas de refrixeración. Nese sentido, unha exempregada apuntou que as casetas tamén carecían de auga corrente.
Ante esa situación, a sindicalista Transi Fernández criticou que o goberno local da cidade olívica “non se preocupou” por comprobar o cumprimento da normativa de salubridade detallada no prego de contratación, así como a exposición ao público das listas de prezos dos produtos.
CONDICIÓNS LABORAIS
Adicionalmente, denunciou que os empregados contratados pola adxudicataria do mercado, a Agrupación de Empresarios na Organización de Eventos, Feiras e Mercados da Comunidade de Madrid (AMFE), a través da Empresa de Emprego Temporal (ETT) Synergie, chegaron a traballar “12 horas sen descanso”.
Nesa liña, a sindicalista afirmou que os traballadores dos postos de comida tamén “tiñan problemas” para que se lles permitise ir ao baño, así como que debían estar de pé durante toda a súa xornada e que os vixiantes de seguridade carecían da acreditación necesaria para desempeñar ese labor.
Ademais, varias exempregadas indicaron que as súas xornadas laborais foron inferiores ás previstas inicialmente debido á meteoroloxía, que obrigou a atrasar a apertura do mercado e a pechalo durante varios días. Tamén explicaron que a adxudicataria “rompeu relacións” recentemente coa ETT e pasou a contratar ao persoal dun modo directo.
AUTORIZACIÓN
O anuncio de autorización para a instalación deste mercado e as atraccións recreativas da Praza Compostela durante a tempada do Nadal, concedida a AMFE, estimaba o custo nun euro sen impostos. A ese respecto, Transi Fernández, criticou que, con todo, esta entidade alúgase por prezos de “entre 6.000 e 8.000 euros” a comerciantes da zona as casetas que non utilizou.
Segundo se detalla no decreto de autorización da ocupación do dominio público do Concello olívico, as solicitudes dos interesados admitíronse a trámite o día 14 de novembro e a proposta de adxudicación emitiuse o 27. No entanto, denunciou a CIG, a instalación das casetas comezou antes de que se concedese a autorización.
A Brilat prosegue coa ‘Operación Balmis‘ de colaboración en diferentes cidades co obxectivo de establecer os procedementos de actuación e as ligazóns coas autoridades locais e as Forzas e Corpos de Seguridade no marco do dispositivo contra o coronavirus Covid-19, para o que desprega efectivos este venres en Vigo, Vilagarcía (Pontevedra), Xinzo de Limia (Ourense), así como nas localidades asturianas de Xixón e Siero.
Segundo informou a Brilat, esta actividadse realiza no marco da operación que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia producida polo virus Covid-19.
As unidades actuarán en cada unha das citadas cidades galegas e asturianas co obxectivo de “recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz” con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.
Todo iso, destacou, “para facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio”.
Un home de 43 anos, J.P.F., foi detido en Vigo tras quebrantar unha orde de afastamento da súa avoa, unha señora de 88 anos, que o acolleu despois de que el manifestase que non tiña onde durmir.
Segundo a Policía Local, os feitos tiveron lugar este domingo ao redor das 18,00 horas na rúa Cantabria, ata a que se desprazaron os axentes tras ser informados o quebrantamento da orde de afastamento.
Unha vez na vivenda, a muller detallou que acollera ao seu neto, que foi detido debido a que a orde de afastamento aínda se atopaba en vigor.
Xunta de Galicia e Concello de Vigo manteñen desde hai meses unha guerra aberta polas súas candidaturas a Patrimonio da Humanidade. Mentres o Goberno galego defende o seu proxecto para a totalidade do Parque Nacional das Illas Atánticas, o Concello vigués reivindica o seu plan específico só para as Cíes.
O conflito, lonxe de solucionarse cun consenso, avívase a medida que ambos os dous proxectos avanzan con apoios e argumentos distintos, e cruces de acusacións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, chegou cualificar de “ridículo cósmico” o que están a facer Feijóo e o seu goberno ao manter a candidatura das Illas Atlánticas, á que “se lle apiñan os problemas” e que foi “improvisada” para obstaculizar o proxecto impulsado polo Concello vigués. Mentres, Feijóo presume de que a candidtura da Xunta está xa na fase final coa elaboración dun estudo técnico e científico de expertos das tres universidades galegas en colaboración coa Xunta.
Preguntamos aos lectores que candidatura ven máis oportuna, a da Xunta para as Illas Atlánticas ou a do Concello de Vigo só para as Cíes.
Marea de Vigo-Son En Común demandou información sobre os protocolos de illamento e seguridade das zonas axardinadas da cidade nas que, segundo denunciou, aplícanse herbicidas cunha “alta toxicidade”.
A través dun comunicado, incidiu en que os propios traballadores alertaron da toxicidade das sustancias e fixo fincapé en que se detectaron intoxicacións en cans que transitaran por zonas nas que se utilizaron.
Ante esta situación, esixiu que o goberno local detalle se se empregan herbicidas con presenza de glisofato, xa que, segundo lembrou, foi cuestionado pola Unión Europea (UE) debido aos seus efectos “nocivos e canceríxenos”. Así, sinalou que varios concellos galegos xa abandonaron o seu uso debido ás súas consecuencias.
A ese respecto, a formación apuntou que, se se aplica este herbicida en Vigo, será necesario acoutar as zonas nas que se emprega e resaltou que existen protocolos para núcleos de poboación e canles de auga aos que se deberá dar cumprimento.
Nesta liña, lembrou que, segundo o Directiva Marco para o uso de praguicidas e Real Decreto 1311/2012, o Concello debería prohibir o uso de herbicidas que conteñan glisofato. Deste xeito, puxo o foco no feito de que esta sustancia foi catalogada como “probablemente cancerígena para os seres humanos” pola Organización Mundial da Saúde (OMS).
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou que o Grupo Municipal Popular de Vigo votase en contra dunha moción socialista para instar á Xunta a crear chan industrial na cidade e demandoulle que explique esta posición. Mentres, o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, acusouno de buscar unha “confrontación” co Goberno galego e avogou por negociar as necesidades da urbe.
Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, Abel Caballero reprobou a postura do Grupo Municipal Popular e asegurou que a delegada territorial da Xunta na cidade, Corina Porro, situouse “á cabeza” desta. Así, instou ao PP a “explicar” a súa posición, que definiu como unha “ofensiva” do Goberno galego.
Neste sentido, recalcou a “urxencia” de contar con chan industrial na cidade, xa que, segundo advertiu, comezouse a producir unha “fuga” de empresas cara a outras zonas de Galicia e o norte de Portugal debido a esta carencia.
Tamén lembrou a necesidade de ampliar a zona industrial en Balaídos e apuntou que o Concello e o Consorcio da Zona Franca colaborarán para dar resposta a esta demanda da planta coa que conta o Grupo PSA Peugeot Citroën en Vigo. Así, Caballero insistiu na importancia de que as empresas do sector da automoción conten con chan xunto a esta factoría e o porto.
Nese sentido, avanzou que reclamará a aplicación da Lei 3/2016, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, para permitir que se acometa esta actuación.
RESPOSTA DO PP
Pola súa banda, Alfonso Marnotes lembrou que esta lei foi creada polo Goberno galego para dar resposta ás necesidades da cidade e apuntou que permitiu acometer obras como a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) ou a estación intermodal.
Tamén reprobou que non se acheguen “facilidades” ás empresas interesadas en establecerse en Vigo e instou ao alcalde a suprimir o imposto de actividades económicas (IAE), como, segundo apuntou, realizouse en Portugal.
Marnotes insistiu en que se o goberno local desexa realizar unha proposta real debe trasladala ao Goberno galego e non optar pola presentación de mocións no pleno. Mentres, lembrou que a delegada territorial da Xunta en Vigo realizou unha proposta de diálogo ao rexedor olívico e que este non respondeu á mesma. Así mesmo, incidiu en que a cidade non conta cun Plan Xeral “porque o Tribunal Supremo anulou o de Abel Caballero”.
A novena moción do Pleno celebrado este mércores 28 de novembro no Concello de Vigo, presentada polo PSOE, instaba á Xunta a incluír en 2019 unha partida orzamentaria de 4 millóns de euros para as obras de humanización da Avenida de Castrelos, Avenida de Ricardo Mella, Avenida de Galicia, Avenida da Ponte e Estrada de Camposancos.
O PP e o PSOE viñan dun intenso enfrontamento co tema dos aparcadoiros do Cunqueiro, defende o goberno local que a Xunta cobra aos seus usuarios 4.700 euros ao día, 1.700.000 ao ano: “E nós lle facemos aforrar un millón”, subliñan.
En canto á moción das humanizacións, desde o PSOE recordáronse as inversións de Touriño na Avenida de Castrelos e en Florida hai unha década, comparándoas co ‘abandono’ goberno de Feijóo.
Para Marea de Vigo, a moción era pouco menos que unha pantomima: “Chega o período electoral e hai que facer este tipo de mocións”. Máis aló diso, consideraron que a xustiza debería actuar coa Xunta e o Concello de Vigo, argumentando que a lei estipula o deber de colaboración entre intitucións públicas.
“A asociación veciñal de Teis leva 20 anos queíxandose de problemas de accesibilidade”, engadiron, así como que “nalgún momento teremos que frear este diálogo cansino”, referíndose ás tensións entre a Xunta e o Concello vigués.
Pola súa banda, “debeulles de picar que a Xunta veña constantemente a inaugurar obras e vostedes van a facerse unha xota por tirar o Hotel Samil. O PP constrúe sendas peatonais e elimina puntos negros das carreteras”, sacaron peito desde o PP vigués.
O PP, no pleno de outubro/ Miguel Núñez
Ademais, criticaron: “Antes a deputación viña a pedir inversión, agora a súa presidenta non se digna nin a acudir ao pleno en Vigo. Hai uns meses non paraban de pedirlle a Madrid, agora vén o señor Ávalos e se ri na cara de tódolos vigueses e di que vai facer un estudio que durará 3 anos. Antes, o alcalde co Estado parecía un león, agora parece un lindo gatito”.
“Os coruñeses quéixanse de que todas as inversións da Xunta veñen a Vigo e do poder que ten Elena Muñoz con respecto a Ana Mato“, selaron.
Como contestación, desde o PSOE acusaron ao PP de ter gardado ese mesmo estudo nun caixón durante 3 anos.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu de que é un “momento decisivo” para a sanidade pública e hai que “defendela con uñas e dentes”, porque, afirmou, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “leva doce anos poñendo ante as cordas” o sistema público, cun “plan de demolición”.
Ante o centro de saúde Rosalía de Castro de Vigo, a líder nacionalista chamou a participar na mobilización programada para esta mesma xornada na cidade olívica, en contra dos “12 anos de recortes e privatizacións que están a levar ao sistema público ao bordo do colapso”.
Así mesmo, a dirixente nacionalista, que sinalou que a área sanitaria viguesa foi un “banco de probas” neste sentido, ao ser a que “máis recortes sufriu”, censurou a “política de acoso e derriba” á sanidade pública, que é “tanto como dicir poñer en risco os galegos”.
Neste sentido, lembrou a dimisión en bloque dos xefes de atención primariada área viguesa como mostra da situación descrita na comarca, porque “xa estaban cansos e non podían máis”,
Á vez que criticou o hospital Álvaro Cunqueiro como “fracaso da privatización”, denunciou a “situación de colapso” dos puntos de atención continuada, unha situación que “non naceu na covid”, pero que se visualizou con ela e que ao longo da pandemia “vai a peor”.
“Porque ten un plan de demolición da sanidade pública desde as institucións e non podemos poñer en risco o dereito á sanidade pública de calidade”, remarcou Pontón, quen observou que se está “obstaculizando que se poida acudir con normalidade a centros de saúde”, co límite do 60 por cento de presencialidade ou as demoras en varios días para conseguir unha cita.
“MOMENTO DECISIVO”
Para Pontón, “estamos nun momento decisivo no que hai que defender con uñas e dentes a sanidade deste país”. Non só, dixo, se trata de “dificultades” para atender as necesidades de saúde dos cidadáns, senón que tamén as “padecen os profesionais” da sanidade, “maltratados polo sistema e as institucións”.
“É o momento de dicir xa abonda, é o momento dun cambio que blinde a sanidade pública deste país”, remarcou Pontón, quen defendeu a súa proposta dun plan de choque con 200 millóns de euros para que “haxa máis medios, máis recursos e máis profesionais” na sanidade pública.
Neste punto, advertiu de que é “falso que non haxa profesionais” para contratar. “O que non hai son profesionais dispostos a soportar a precariedade do señor Feijóo no sistema sanitario público”, aseverou Pontón, quen referiu que hai moitas áreas que necesitan “un reforzo”, como psicólogos, fisioterapeutas, etc.
Pero, agregou, para iso necesítase “reforzar esas áreas”, algo que “significaría descargar os médicos de atención primaria”. Por iso, incidiu en que hai que “convocar as prazas vacantes” para o Sergas e que “volva funcionar o corazón da sanidade pública, que non necesita nin máis recortes nin castigos, senón un plan de choque”.
“A atención primaria ten que ser próxima, rápida e accesible, e iso son os alicerces que rompeu Feijóo”, sentenciou Pontón, quen dixo que “isto non aparece coa covid, senón que a covid o que fai é evidenciar as consecuencias de 12 anos de privatizacións”.