InicioPolíticaMarea de Vigo considera que os orzamentos para 2020 xa veñen "viciados"

Marea de Vigo considera que os orzamentos para 2020 xa veñen “viciados”

Demandan unha maior apertura para a participación da cidadanía na elaboración das contas municipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo presentou unha emenda á totalidade dos orzamentos do Concello olívico, redactados polo goberno socialista, xa que, ao seu xuízo, as contas locais teñen que conter “non só partidas adecuadas para dar solución á correcta xestión dos servizos públicos”, senón ser o froito “dun proceso de participación e codecisión dos axentes sociais, veciñais e económicos”, entre outros.

“Por tanto, seguimos demandando abrir a elaboración do orzamento a metodoloxías participativas, a participación previa dos grupos da oposición e aos actores sociais que participan no Consello Social da Cidade”, indica o documento.

Segundo Marea de Vigo, este proxecto de orzamentos para o ano 2020 “xa vén viciado” da forma na que se redactou, no mecanismo no que se presentou publicamente, “a un medio de comunicación antes que aos grupos da oposición e ao resto de medios locais”, e mesmo, ao seu xuízo, “na actitude permanente de non aceptar ningunha das decenas de propostas presentadas polos grupos municipais que inhabilitan calquera intento de mellora”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...