InicioOpiniónOPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

Xosé M Souto González, catedrático honorario UV. Membro do Instituto Estudos Vigueses

PUBLICADO O

- Advertisement -

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía meteorolóxica do clima que temos nas zonas temperadas, como é o caso da Península Ibérica. As noites tropicais e ecuatoriais (superiores a 20 e 25 graos) son abundantes xa neste mes, o que dificulta o descanso nocturno. Pero ademais a temperatura da auga alcanza récords no Atlántico, precisamente na ría de Vigo (23 graos) e está disparada no Mediterráneo (máis de 27 graos). Igualmente sabemos que a circulación das correntes mariñas está en momentos críticos no Atlántico entre Groenlandia e Xibraltar, que afecta polo mesmo á costa galega.

Todo iso significa que o cambio climático xa chegou e pode afectar gravemente á saúde das persoas e a biodiversidade mariña. As causas están relacionadas coa acción humana, que incide na destrución do ecosistema litoral, con obras que dificultan o labor enerxético do mar nas praias e acantilados. Non se trata de ir contra o uso da tecnoloxía, senón de saber utilizar esta para integrar o ser humano no seu ecosistema, o que nos permite vivir. A tecnoloxía é un medio para facer máis confortable a vida cidadán e non só unha finalidade mercantil.

Os problemas ambientais, o desequilibrio ecolóxico tamén ten relación co patrimonio local, coas accións que podemos facer para coidar o planeta, o que supón coidarnos a nós mesmos. Este é o caso da carballeira Casaliños e as zonas húmidas no lugar da Barroca na parroquia de Navia en Vigo.

A ameaza de construír un gran pavillón nesta zona destruirá sen dúbida o ecosistema do bosco de carballos e dos humedais que aparecen na contorna da Avenida de Europa, antes de chegar a Samil desde Coia. Por iso opoñerse a este proxecto de Vigo Arena é defender a vida das persoas, dos veciños de Vigo, pero tamén do conxunto da humanidade. Celebramos que na aprobación definitiva indíquese que se debe integrar no sistema de Espazos Libres o contorno das regueiras e humidais de Fontes Pertegueiras, así como as masas arboradas autóctonas asociadas, como tamén as masas arboradas da Barroca. Para integrar estes medios é preciso que non existan obstáculos que dificulten o desenvolvemento do espazo ecolóxico; por exemplo, necesítase que a carballeira non se vexa ameazada por un vial de alta capacidade, ou ben que nas zonas húmidas aparezan actividades e construcións que debiliten o funcionamento do espazo húmido.

En calquera lugar ecolóxico e saudable o que se necesita é a sombra dos carballos e a humidade dos regatos e lagoas para dar frescor ante a ameaza do aumento das temperaturas. Un itinerario e corredor de zonas húmidas e árbores de folla plana é o que se necesita nestes momentos do século XXI. Un lugar para pasear e desfrutar do osíxeno xerado nestes espazos. Unha situación que se contemplaba na aprobación inicial do Plan Xeral e que aparece ameazada dous anos despois na aprobación provisoria co proxecto de viais e un gran centro de ocio sobre a contorna da carballeira. Un cambio de criterio que afecta á vida do ecosistema e, polo mesmo, á saúde das persoas, neste caso dos veciños de Vigo.

No contexto do emerxencia climática e na protección da vida das persoas necesitamos protexer o noso patrimonio forestal e de zonas húmidas. Vainos a vida saudable neste proxecto. Necesitamos un debate cidadán serio e unha participación das persoas, e de expertos no medio ambiente, para coñecer como afecta a súa posible afectación ao equilibrio que se debe manter. Vainos a vida do futuro a medio prazo.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...