InicioOpiniónOPINION | A barrabasada do lincenciado en ciencias da relixión e deputado...

OPINION | A barrabasada do lincenciado en ciencias da relixión e deputado do PP Jose Luis Ferro Iglesias

Antonio Caeiro director do documental Aillados - "O deputado Jose Luis Ferro fai apoloxía do negacionismo desde un altar da democracia da que non é digno de estar."

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cando en 1988 estreamos en Vigo a primeira versión do documental Aillados, sobre a vida e morte dos presos en San Simón, eu contaba con 28 anos e o diputado do PP no parlamento galego, señor José Luis Ferro Iglesias, alcanzaba a súa maioría de edade. Xa podía votar.

Tras aquela estrea, e algún pase mais, como en Redondela ou na Universidade Santiaguesa, o traballo tivo que retirarse por defectos técnicos.

Antes desa estrea, pasámoslle o documental ao catedrático Xosé Ramón Barreiro Fernández, para que nos dese a súa opinión sobre el. Gustoulle o documental, pero tiña un pero con relación pola falta de poder contrastar con fontes documentais escritas. Como tíñamos que montar de novo o traballo pois decidimos buscar eses materiais que corroborasen as palabras das testemuñas.

Comenzamos unha percura por distintos espacios institucionais tratando de atopalos, unha percura que non daba ningún fruto, hasta que, por unha carambola da vida, contéstanos o Director Xeral de Prisións, Antoni Asunción (a quen sempre lle quedaremos eternamente agradecidos), quen, do seu puño e letra, envíanos unha autorización para entrar nos arquivos penitenciarios. Nos, cheos de emocións xa que éramos uns pinpíns e uns ninguéns, conseguíamos algo que ninguén alcanzara, vámonos rapidamente a cadea da Parda en Pontevedra, lugar que sospeitábamos que sería o lugar mais propicio xa que moitos dos presos foran xulgados en Pontevedra.

Tivemos un moi bo recibimento por parte do personal da prisión, pero un sabor agridulce ao ver onde estaban os arquivos: un soto cheo de humidade.

Non nos amilanamos porque estábamos diante dun tesouro e só había que insuflarlle vida. Así o fixemos xa que a dirección ofreceunos unha sala da vella prisión e alí fumos secando os papeis e buscando entre aqueles “legajos” información sobre as personas das que se falaba no documental. E atopamos esas e moitas outras.

Era tanta que decidimos pasalo a un libro xa que non tiña cabida no traballo documental e logo dunha xira infructuosa por varias editoriais galegas xa que a forma do libro que nos tíñamos non coincidia coa súa idea editorial. Pero hete aquí que por outra nova carambola da vida, a maqueta do libro chegou a man de Paco Macías de Positivas que llo deu pasado a editorial IrIndo e este sí o publicou.

E alí están boa parte dos datos dos que o señor Ferro dice que non hai constancia.

Agora, 37 anos despois da estrea do documental e 30 trala publicación de Aillados, atopamos estas declaracións dun licenciado en ciencias da relixión onde fai apoloxía do negacionismo desde un altar da democracia da que non é digno de estar.

Pero para que non se sinta molesto por ter que leelo libro, nin tan siquera velo documental, dígolle neste texto, que en San Simón SI houbo mortos, moitos por problemas derivados das condicións da propia illa, outros, moitos tamén, foron sacados da illa, estes sen papeis pero constan nos diarios de dous presos de San Simón, Bienvenido Lago e Valentín Briones (o do primeiro aparece transcrito no libro) donde reflexaron estas sacas diarias. Pero sete personas tamén foron asasiñadas por fusilamento, contra o muro do cimeterio da illa de San Antonio. Todo elo documentado, pero para iso hai que molestarse un pouco e creo que o señor profesor de educación viaria, non tempo para elo, só abre a súa boca e deixa sair por ella todo tipo de exabrupto porque sabe que a mentira, o bulo, a desinformación, non é ningún delito e pode seguir vivindo do estado como hasta hoxe.

Non sei as súas habilidades pero no seu currículum consta de que foi concelleiro de cultura de Celanova o que me ven demostrando, unha vez mais, que nalgúns lugares e partidos, esa concellería é a maría das institucións, tanto locais, autonómicas e, as veces, estatais.

Pero “echeoquehai” e temos que seguir tirando porque ante os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non hai nada que facer xa que sempre estarán aí.

Os sete fusilados foron:

  1. José Álvarez García de Xixón
  2. Francisco Casal Sánchez de La Felgera
  3. Bernardino Fernández Velázquez de Salas
  4. Fermín García Álvarez de Santa Cruz del Sil en León
  5. José Gonzáez Iglesias de La Felguera
  6. Isaías González Miguel de Ezcaray na Rioxa
  7. Gregorio Mateos Marote de Nogués en Toledo

Por datos que non sexa.

Antonio Caeiro Director de cine documental especialista en memoria histórica. Fundador do Faiado da Memoria en Vilagarcía. Director do documental AILLADOS

ÚLTIMAS

Decenas de miles de persoas marchan en Vigo para “reconstruír” a área Sanitaria: “Señor Rueda, somos os de sempre”

Decenas de miles de persoas (máis de 62.000 segundo a organización) manifestáronse na tarde...

Ryanair recortará nun 61 % os voos en Peinador este verán

O xestor aeroportuario Aena cualificou como "espurios" os argumentos esgrimidos por Ryanair, quen hoxe anunciou recortes de...

O alcalde de Nigrán carga contra o deputado do PP que cuestionou que houbese mortes en San Simón e Redondela pretende declaralo “persoa ‘non...

O alcalde de Nigrán, Juan González (PSdeG), cargou contra o deputado do PP José Luís Ferro...

Rueda critica o “rumbo político” da plataforma SOS Sanidade Pública, convocante da manifestación deste xoves: “Son os de sempre”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou o "rumbo político" da Plataforma SOS Sanidade Pública, convocante...