InicioPiden responsabilidades polo "atentado ambiental" nunha duna protexida de Cangas

Piden responsabilidades polo “atentado ambiental” nunha duna protexida de Cangas

A formación Avante! Candidatura veciñal denunciou ao Concello por ter danado unha duna protexida para acoller un campionato de balonmán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nova denuncia por supostos danos contra o medio ambiente na área de Vigo. O derradeiro berro contra estas afectacións á contorna vén de xurdir de Avante! Candidatura Veciñal, unha formación independente que carga contra o Concello de Cangas por un “atentado ambiental” que tería tido lugar na Praia de Rodeira.

Segundo apuntan dende a formación, o goberno local realizou “traballos de movemento de area” na área das dunas de Rodeira, nunha zona de de 2’5 Km2 que, segundo apunta, está “definida por administracións superiores como Hábitat prioritario 2130 dentro da Directiva Hábitats”. Os traballos sobre este espazo protexido terían provocado uns “danos irreversibles” ante os cales a plataforma vén de denunciar o sucedido ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, segundo destacan.

Dende a plataforma destacan a “gravidade” dos movementos de area, que de acordo coa versión achegada se desenvolveu empregando dous vehículos pesados cos cales se procedeu a “retirar vexetación” e “modificar o sistema da duna”. Todo para que nese areal se puidera celebrar un campionato comarcal de balonmán, apuntan dende a plataforma. “Dubidamos seriamente da legalidade desa actuación”, subliñan.

DANO “IRREVERSIBLE”

“Máis alá do importante patrimonio ambiental destruído, esa vexetación realizaba unha función importante na retención da area, para evitar que recupere o espazo gañado pola acción humana nos últimos anos”, apuntan a respecto das edificacións e o paseo alí disposto.

Con respecto ao campionato de balonmán, a plataforma destaca que “non nega a importancia do evento” pero atopa “moi cuestionable a idoneidade de terse comprometido a organizalo pagando este prezo”. E é que, nas súas palabras, o dano sobre a duna “xa está feito, e é irreversible”.

A plataforma esixe así responsabilidades políticas por esta actuación “irresponsable, improvisada e irreflexiva” que cargan sobre o goberno municipal.” Ante esta irresponsabilidade manifesta, consideramos necesario esixir as responsabilidades políticas correspondentes” destacan, antes de apuntar ao concelleiro de Urbanismo, á de Medio Ambiente, ás de Obras e Cultura, ao de Facenda e, finalmente, á alcaldesa; que sinalan como responsable subsidiaria do suposto dano ambiental.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...