InicioSucesosLocalizan o corpo sen vida dunha octoxenaria logo dun incendio na súa...

Localizan o corpo sen vida dunha octoxenaria logo dun incendio na súa vivenda en Cangas

O cadáver foi atopado ao redor das 12,30 horas deste mércores por un familiar da vítima que deu o aviso aos servizos de emerxencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo sen vida dunha octoxenaria que residía soa foi localizado no interior da súa vivenda, situada en Aldán –Cangas–, tras declararse un incendio na cociña da mesma.

Segundo fontes próximas ao caso, o cadáver da muller atopábase noutra dependencia da vivenda que non se viu alcanzada polas chamas, cuausadas, de acorde aos primeiros indicios, por unha mala combustión e que só afectaron á cociña.

As causas do falecemento da muller, que residía soa e non presentaba queimaduras, deberán ser esclarecidas nas probas forenses. O cadáver foi atopado ao redor das 12,30 horas deste mércores por un familiar da vítima que deu o aviso aos servizos de emerxencias. A central do 112, ademais de solicitar os servizos dos bombeiros para sufocar o incendio, puxo o caso en coñecemento da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...