InicioMedio Ambiente e PatrimonioA área de Vigo encabeza as primeiras xornadas ecoloxistas do ano

A área de Vigo encabeza as primeiras xornadas ecoloxistas do ano

Cangas e Ponteareas serán escenario de dúas xornadas de "deseucaliptización".

PUBLICADO O

O ecoloxismo galego volve á carga cun dos primeiros actos do ano, que correrá a cargo de Verdegaia, por un lado, e a Comunidade de Montes do Darbo, unha parroquia do sur de Cangas. Ambas plataformas lanzaranse o vindeiro domingo día 10 a unha das actividades máis implicadas coa conservación e mellora do medio rural galego, con atención particular na calidade do solo: as “brigadas deseucaliptizadoras”.

Malia as reminiscencias que poida espertar o nome, o obxectivo destas brigadas artelladas por Verdegaia e a plataforma do Darbo non é arrincar exemplares de eucaliptos xa plantados, senón implicarse no coidado do solo deteriorado pola acción eucaliptal. Para iso, a plataforma verde a nivel autonómico propón a plantación de 1.500 árbores autóctonas coas que repoboar o danado tecido arbóreo galego.

Mentres que a xornada ecolóxica do Darbo terá lugar nos montes da propia parroquia, os voluntarios que queiran participar na acción de Verdegaia deberán dirixirse ao monte veciñal de Padróns, no termo municipal de Ponteareas. Iso si, para poder participar na actividade é preciso incribirse previamente —tal e como detallan na web— e levar unha serie de utensilios e ferramentas que permitan continuar co coidado do monte galego.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...