InicioMedio Ambiente e PatrimonioBueu alerta da "nefasta xestión" dos niños de avespa velutina por parte...

Bueu alerta da “nefasta xestión” dos niños de avespa velutina por parte da Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concellaría de medio ambiente de Bueu asegura ter constancia de que “a retirada de niños de vespa velutina por parte do 012 e da administración autonómica está sendo totalmente ineficiente, acumulándose niños sen retirar incluso en vivendas ou en núcleos de poboación con risco”, tal e como aclara o concelleiro de medio ambiente.

Ante o que está a acontecer, infórman á cidadanía de que “no momento de chamar ao 012 no caso de ter un niño próximo á súa vivenda, entregue tamén no Rexistro Xeral un escrito para poder ter constancia”.

“É preciso detallar que o Concello de Bueu asumiu cos recursos propios unha campaña de trampeo na que se repartiron 125 trampas co seu líquido correspondente e realizáronse diferentes charlas nas aldeas e parroquias para informar desta problemática socio – ambiental”, lembran desde Bueu.

A nivel comarcal, traballouse na coordinación cos concellos de Cangas, Moaña ou Vilaboa, chegando a ter unha reunión na Delegación da Xunta en Pontevedra para reclamar máis implicación e colaboración por parte da administración autonómica.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) solicitou información e opinión sobre as incidencias neste eido, e desde o Concello se lle transmitiu “as ditas inquedanzas e a deixadez de funcións por parte da Xunta na retirada de niños”.

ÚLTIMAS

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...