InicioCulturaLa Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras e Rozalén, cabezas de cartel do...

La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras e Rozalén, cabezas de cartel do Sorrías Baixas 2024

O festival celebrarase os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu.

PUBLICADO O

La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras e Rozalén serán algúns da cabeza de cartel do festival Sorrías Baixas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu. Esta edición, sinalan, é “unha gran aposta da organización para tratar de cambiar a tendencia da propia industria musical, apostando por un forte protagonismo das bandas lideradas e formadas por mulleres como cabezas de cartel“.

Este ano tamén haberá unha gran presenza de artistas galegos como Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants, encabezados por “a punta de lanza” do auxe que vive o panorama galego como son Tanxugueiras. A todos estes nomes súmanse os de Chef’Special, La La Love You, Anabel Le, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Elite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras e Travis Birds, “mantendo así a tendencia do festival de ser un altofalante para coñecer novas propostas musicais”.

Co cartel, o festival activa tamén a venda de abonos, que estará dispoñible a partir deste xoves 1 de febreiro ás 12.00 desde a web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.es. Os 500 primeiros compradores poderán obter as súas entradas por 45 euros máis gastos de xestión.

Así mesmo, confirman que nesta nova edición manteranse os xa característicos dous escenarios, evitando así que se solapen concertos. Ademais, manteñen os prezos de venda de anteriores edicións, lanzando unha promoción de precarga de pulseiras cashless polo que se á hora de comprar o abono, cargas á túa pulseira para consumir o festival, recibirás a maiores un 10 % do cargado gratuitamente.

ÚLTIMAS

Galicia pasa unha noite cun teito de auroas boreais pola influencia dunha intensa tormenta solar

As autoridades estadounidenses advertiran o venres pola tarde sobre a chegada dunha gran tormenta...

Retiran dúas toneladas de lixo dos fondos mariños de Bouzas

Un total de 44 persoas, entre mergulladores e persoal de apoio, participaron nunha nova iniciativa...

Xulgan aos oito integrantes dunha banda que roubaba coches de alta gama para vendelos por pezas

A Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará o vindeiro martes, día 14, na súa sede...

Investigan por homicidio imprudente ao condutor implicado nun accidente no que faleceu un motorista en Gondomar

A Garda Civil investiga como presunto autor dun delito de homicidio imprudente ao condutor implicado no accidente ocorrido o...