InicioEconomíaCompletada a Autovía do Morrazo

Completada a Autovía do Morrazo

O último tramo entrou en servizo este venres. Feijóo avanza un proxecto de escavación para a posta en valor do Castro de Montealegre.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O último tramo da Autovía do Morrazo, a AG-46, entrou en funcionamento na tarde deste venres, coa apertura de case catro quilómetros entre as ligazóns de Meira e Cangas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou no acto de inauguración que esta infraestrutura é “moi necesaria” para as 100.000 persoas que viven no Morrazo. “Cumprimos coa palabra dada e hoxe a Autovía do Morrazo é unha realidade”, sentenza.

A conversión en autovía do corredor do Morrazo sumou un orzamento de 55 millóns de euros e consta dunha lonxitude de 11 quilómetros, tras realizarse obras repartidas en tres tramos durante o tres últimos anos.

“Entendiamos que era noso deber mellorar as condicións de seguridade viaria, vertebrar o noso territorio, xa que para esta comarca conectarse con Vigo e Pontevedra é clave“, afirma.

POSTA EN VALOR DO CASTRO DE MONTEALEGRE

O presidente da Xunta avanzou tamén que se culminará a posta en valor do Castro de Montealegre, a través dun proxecto de escavación que desenvolverá o departamento de Patrimonio Cultural.

“E tamén desenvolveremos esa nova solución singular articulada pola Axencia Galega de Infraestruturas para garantir a total estabilización do noiro do ramal de Cangas desta autovía, que consistirá na execución dun falso túnel para evitar novos desprendementos”, agregou.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...