InicioMovementos SociaisMalestar en Maderas Iglesias coa Xunta, que aprobou sete EREs e agora...

Malestar en Maderas Iglesias coa Xunta, que aprobou sete EREs e agora insta a parar a folga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de Maderas Iglesias, empresa adicada á fabricación de tarima flotante con sede no Porriño, vén de rexeitar tanto “o contido das declaracións” como as “malas formas” do conselleiro de Economía e Industria na Xunta de Galicia, Francisco Conde, que este sábado os instou desde a prensa a depoñer a folga indefinida.

Entenden que tenta “botar balóns fóra”, “culpabilizando o persoal da situación”, e reiteran a solicitude dunha xuntanza despois de “nove meses de incomparecencia”.

O persoal de Maderas Iglesias acada este luns sete días de folga indefinida para reivindicar o pago dos salarios adebedados (dúas pagas extra e máis o salario de xullo) e esixir un futuro para unha factoría que xera 200 postos de traballo, na súa maioría mulleres.

Despois dos sacrificios realizados durante os últimos oito anos de dificultades económicas da empresa, que incluíron sete EREs aprobados pola Xunta, non entenden que o máximo responsábel de Industria “os pretenda responsabilizar agora da situación” e pretenda “que traballemos sen cobrar e sen convenio”. “Algunha responsabilidade terá el pola súa falta de xestión”, engaden.

Protesta diante do edificio da Xunta / Miguel Nuñez

Fronte a isto, continúan a demandar que dea pasos en firme e procure solucións, comenzando por entrevistarse fisicamente e sen intermediarios co comité, en ningún caso “con ese tono e desde a prensa”. Aseguran, ademais, que levan 9 meses agardando a súa presenza no conflito e a participación activa na solución”.

Esta pasada fin de semana, e sen que de momento se dese ningún paso por parte da dirección, decidiron intensificar a loita e facer garda as 24 horas ante a instalacións da empresa para evitar calquera actividade ou retirada de material. A folga continúa a ser secundada pola totalidade do persoal, aseguran desde o Comité.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...