InicioMovementos SociaisSaves, un asistente virtual para o cooperativismo e a economía social

Saves, un asistente virtual para o cooperativismo e a economía social

Toda a información do movemento cooperativo galego, nun clic. Forma parte dun proxecto de Mª José Cabaleiro e Carlos Iglesias, investigadores do centro de investigación Ecobas da UVigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Entre 1330 e 1400 cooperativas existen na actualidade en Galicia, destacando pola súa importancia as dos ámbitos do cooperativismo agrario e o cooperativismo de traballo asociado. Mentres o primeiro agrupa tanto a pemes, como a grandes empresas, o segundo está integrado, sobre todo, por microempresas de todos os sectores, onde tamén coexisten experiencias cooperativas doutras clases, como as cooperativas do mar, servizos sociais, consumo, vivenda, transportes ou servizos financeiros. “Todas elas conforman o movemento cooperativo galego que, ano tras ano, consolida a súa implantación en Galicia”, explica a docente e investigadora do centro de investigación Ecobas da Universidade de Vigo, María José Cabaleiro Casal, que xunto ao tamén docente e investigador Carlos Iglesia Malvido traballan desde o ano 2011 nun proxecto de investigación centrado neste ámbito.

Precisamente ao abeiro deste traballo, os investigadores de Ecobas puxeron en funcionamento Saves, Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, un asistente virtual que da acubillo á información máis relevante do movemento cooperativo galego, “centralizada nun único espazo e accesible a golpe de clic”, que pretende ser unha ferramenta de traballo para todos os axentes implicados no cooperativismo e na economía social en xeral. Fronte á dispersión en fontes estatísticas diversas que presenta a día de hoxe a información sobre cooperativismo en Galicia e á ausencia dunha serie histórica con datos comparables no tempo, Saves publica progresivamente os seus resultados a través dunha aplicación web. “En realidade, en cada unha das fases do proxecto incorpóranse indicadores e resultados novos, que van na liña das necesidades á que cada unha delas trata de dar resposta”, detalla Cabaleiro, que lembra que o terceiro informe, Perfil económico-financeiro da cooperativa galega, xa está dispoñible desde esta semana, amosándose nel indicadores individuais por cooperativa, de xeito que calquera empresa poida ter o seu perfil económico financeiro e comparalo cos indicadores globais ou da súa clase dispoñibles no segundo informe.

CONTIDO E ACCESO AOS INFORMES

O asistente virtual desenvolvido polos investigadores de Ecobas está a disposición de todo o público no referido a información básica e non protexida, mentres que aos informes teñen acceso as cooperativas; a administración pública, especialmente a Subdirección Xeral de Economía Social; as principais asociacións do sector: Agaca e Espazocoop; e o persoal investigador das tres universidades galegas. “Así mesmo, unha vez que remate a actividade, os resultados poden servir de referencia para estender o asistente ao conxunto das entidades da economía social”, explica Cabaleiro, que salienta que os datos son recompilados por persoal contratado para o proxecto, e a partir de aí son tratados para seren reconvertidos en indicadores sociais, económicos e financeiros axeitados para as sociedades cooperativas, un labor que é responsabilidade do persoal investigador de Ecobas. O mérito “está no traballo de compilar toda a información, dispersa en fontes moi variadas, procesada con criterios e metodoloxías específicas, distintas ás aplicadas para as empresas convencionais e publicada de forma descontinua no tempo. Os membros da Escola de Estudos Cooperativos son conscientes da ardua tarefa que está permitindo construír Saves”, sinala o investigador Carlos Iglesias.

Saves conta co co-financiamento do centro de investigación Ecobas da Universidade de Vigo e das entidades da Rede Eusumo, en particular da Subdirección Xeral de Economía Social, dependente da Consellería de Emprego, Economía e Industria da Xunta. Colaboran ademais as unións de cooperativas galegas Espazocoop e Agaca e a Escola de Estudos Empresariais de Vigo, “que estivo con nós desde o inicio desta idea, pondo a nosa disposición os seus espazos e a súa desinteresada colaboración”, destacan Cabaleiro e Iglesias.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...