InicioMovementos SociaisTerceiro día en Lesbos: "Refuxiados é un eufemismo, esta xente non ten...

Terceiro día en Lesbos: “Refuxiados é un eufemismo, esta xente non ten refuxio”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este sábado viviron Alberto e María a súa terceira xornada na illa grega de Lesbos, onde están a axudar aos refuxiados que subsisten nunhas condicións de vida moi difíciles. É o seu novo proxecto tras cativar a toda Galicia cos seus Elefantes de Papel. Ao final da crónica, un índice para acceder ao resto de capítulos.

Nesta ocasión, o seu relato comeza así: “A ONG Proem-Aid descansa das súas actividades durante a fin de semana, e como nós aínda somos novos na illa decidimos saír a investigar”.

“Pasamos polo centro comunitario One Happy Family coa idea de doar uns libros pero tamén estaba pechado, así que achegámonos á movil kitchen de Julio e, mentres Berto bota unha man coa colocación dunhas baldas, eu infórmome sobre un par de sitios que queremos visitar”, comenta María.

Alí coñecen a tres universitarias españolas que traballan de voluntarias na cociña de Julio e lles contan que este ten á venda unhas pulseiras solidarias na súa páxina de Facebook Acción Directa Sierra NORTE. 

“occidente enriquécese coas guerras que destrúen os seus fogares”

Descobren tamén The hope proyect, un espazo xestionado por unha parella de ingleses que doan roupa aos “refuxiados”.

E teñen que ser “refuxiados” entre comiñas porque “a palabra non deixa de ser un eufemismo. Esta xente non ten refuxio. Occidente, as grandes potencias, cómplices e culpábeis da súa situación, enriquécense coas guerras que destrúen os seus fogares, que os obrigan a fuxir ou morrer, e despois, abandónanos a súa sorte no medio dunha montaña. Sen futuro. Sen esperanza”, denuncian.

Logo percorren o camiño de regreso a Moria na busca do The hope and peace center, o espazo de lecer para os cativos que Salam montou pola súa conta.

“Parécenos unha idea estupenda. Se ben é certo que cando vas de voluntario pensas en repartir comida, bebida e roupa para cubrir as necesidades básicas, ás veces esquecemos que, para os pequenos, o xogo é fundamental, e eles máis ca ninguén precisan deses momentos para deixar atrás por uns intres o inferno no que medran”, selan.

“O camiño a Moria é unha pendente sen fin”, porque “a temperatura nesta época non baixa dos 35 grados. The hope and peace center tamén está pechado, pero na contorna de Moria a vida segue”.

“As ringleiras de “refuxiados” camiñan devagar pola costa na procura de auga ou alimentos. Os máis novos colaboran remexendo entre o lixo. Moria nunca pecha. Mentres Occidente descansa, unha parte de Oriente segue tentando sobrevivir”.

ÍNDICE

CAP 0: Entrevista a María e Alberto antes da viaxe

CAP 1: Curando aos nenos o trauma do mar

CAP 2:  “O lixo acumúlase ás portas. O cheiro é indescriptible”

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...