InicioMovementos SociaisPrimeiros apoios ao peche da Favec contra o desaloxo da súa sede

Primeiros apoios ao peche da Favec contra o desaloxo da súa sede

A asociación No Ollo do Furacán solidarízase coa Federación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novo episodio na polémica da sede da FAVEC. A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) demandaba semanas atrás unha “solución” ao Concello de Vigo ante unha situación que podería deixalos na rúa. Como xa informou Xornal de Vigo, o “desaloxo” da FAVEC tería que ver coas obras de reforma que se están a levar a cabo no seu edificio da Praza da Princesa.

As demandas de solucións por parte da Federación concretáronse nunha mobilización ante o Concello trala que, explican, non recibiron resposta algunha do consistorio. Ante este silencio, a FAVEC decidiu que procedería a se pechar no edificio baixo o aviso de que non marchará do lugar mentres non reciba unha alternativa.

Ante estas circunstancias, o movemento asociativo da cidade olívica vén de recibir as primeiras mostras de apoio ao peche. Os azos chegaron da Asocición Cidadá Galega No Ollo do Furacán, que emitiu un comunicado para manifestar o seu “profundo malestar polos feitos que están a desenvolverse nestes días na Praza da Princesa”

A plataforma viguesa recorda así que a FAVEC “vén desenvolvendo unha morea de actividades neste local dende os tempos no que o Alcalde Carlos Príncipe dotara a FAVEC deste recurso”. Por iso se solidariza co peche e insta ao concello olívico a achegarlles un local “axeitado e alternativo con garantía de estabilidade no tempo” no caso de que o desaloxo teña lugar.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...