InicioMovementos SociaisVÍDEO: “Mañán haberá un morto en Vigo e será a súa responsabilidade”

VÍDEO: “Mañán haberá un morto en Vigo e será a súa responsabilidade”

Integrantes da Acampada contra a Pobreza de Vigo interrompen o pleno de Vigo para denunciar a situación de vulnerabilidade na que se atopan algúns dos seus integrantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios integrantes da Acampada contra a Pobreza de Vigo protagonizaron este martes un tenso enfrontamento co rexedor vigués, Abel Caballero, sobre a situación na que se atopa este colectivo, que leva acampado diante do concello desde hai máis de dous anos e medio.

Mañán haberá un morto en Vigo e será a súa responsabilidade”, espetoulle o portavoz deste colectivo, Juan Miguel Carollo, ao rexedor que lle pediu en inmuerables ocasións que gardara silencio ou que o ía desaloxar. Finalmente, non foi necesario.

Os integrantes da Acampada contra a Pobreza que estaban no pleno decidiron marchar con duras críticas aos integrantes do goberno municipal e tamén á oposición. “Pídolle a vostede e tamén a oposición que fagan algo para evitar esta morte”, destacou ao tempo que lembrou que hai unha persoa que se atopa en “arresto domiciliario”.

Esta é a secuencia do tenso enfrontamento captado por Xornal de Vigo:

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...