InicioMovementos SociaisManifestación este sábado en Teis contra a suba de peaxes e os...

Manifestación este sábado en Teis contra a suba de peaxes e os beneficios millonarios de Audasa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha representación da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela entregou este martes pola mañá, no rexistro do edificio administrativo da Xunta en Vigo, un escrito dirixido ao Ministro de Fomento, solicitando a convocatoria urxente da comisión bilateral de seguimento da AP-9, da que forma parte o Ministerio de Fomento e a Consellaría de Infraestruturas.

Nesta comisión bilateral de seguimento queren que se trate a eliminación da peaxe no tramo Rande-Vigo, a conversión da autoestrada AP-9 en urbana desde Padín ao centro con acesos e medidas contra o ruído.

O pasado 21 de xuño, ambas asociacións presentamos un escrito dirixido ao novo Ministro de Fomento, José Luis Ábalos Meco, con estas reivindicacións, e despois de tres meses aínda non recibiron ningunha resposta.

“O anterior goberno central de Mariano Rajoy estivo enganándonos anunciando a supresión da peaxe para o mes de xullo, e ao actual goberno central de Pedro Sánchez fáltalle vontade política”, denuncian.

“A prioridade do Ministerio de Fomento é unha nova subida das peaxes este ano, como acaban de anunciar hai unhas semanas, sempre atendendo os intereses da Audasa, unha concesionaria con ingresos millonarios, o pasado 2017 tivo máis de 40 millóns de euros de beneficios. Ademais a autoestrada AP-9, é unha das máis caras do Estado español”, engaden.

Esta mañá tamén informaron de que a Subdelegada do Goberno en Pontevedra vai manter unha xuntanza coas asociacións veciñais de Teis e Chapela, este mércores 26 de setembro ás 12:30 horas, na sede en Pontevedra.

Por último, ambas asociacións convocaaron unha manifestación conxunta este vindeiro sábado 29 de setembro ás 19:00 horas, desde Padín en Teis.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...