InicioMedio Ambiente e PatrimonioSalvaterra celebrará un ano máis a súa Feira Internacional de Orquídeas

Salvaterra celebrará un ano máis a súa Feira Internacional de Orquídeas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Salvaterra organiza o próximo 15 e 16 de setembro a súa 3ª Feira – exposición Internacional de Orquideas no Parque Público A Canuda. A feira abrirá o día 15 ás 11 horas da mañá, e contará ese mesmo día coa actuación da Banda de Gaitas Pontenova (12.00 H), e cunha conferencia sobre “O Cultivo de Cattleya” e un concerto acústico ás 17 e 19 horas da tarde respectivamente.

Feira internacional de orquídeas/ Salvaterra de Miño

Ás 19.30 sortearanse orquídeas entre os visitantes, e media hora despois pechará a feira ata as 11 do domingo. Antes do peche final da feira no seu segundo e último día, ás 19.00 horas, haberá un último sorteo ás 18:30, concertos ás 12.00 e 18.00 e unha nova conferencia ás 16:30.

Feira internacional de orquídeas/ Salvaterra de Miño

As orquídeas son fermosas flores que deben ser mantidas con luz abundante, mais non directa do Sol, humidade ambiental superior ao 40%, e temperaturas entre 17 e 23º, nunca inferiores de 10º nin por riba de 30º.

Feira internacional de orquídeas/ Salvaterra de Miño

Recoméndanse recipientes transparentes, e non empregar nunca terra vexetal.

Feira internacional de orquídeas/ Salvaterra de Miño

ÚLTIMAS

Un arrastreiro con base en Vigo localiza o cadáver dun home mentres faenaba en augas da Arxentina

Un arrastreiro con pavillón español e porto base en Vigo localizou o cadáver dun...

O PP de Vigo denuncia o “atraso inescusable” de Abel Caballero co plan contra inundacións

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou este xoves a falta de información...

O BNG de Vigo esixe a Abel Caballero que rexeite o acordo do SAF por ser unha “tomadura de pelo”

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu este xoves ao alcalde,...

Vigo, plató a ceo aberto os 365 días do ano: cando a cidade enteira se converte en ficción

Vigo xa non só se visita. Vigo róldase. Cada inverno, cando millóns de luces...