InicioMedio Ambiente e PatrimonioAxudas para o desenvolver os concellos vinculados ao parque nacional das Illas...

Axudas para o desenvolver os concellos vinculados ao parque nacional das Illas Atlánticas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta concedeu case 1,5 millóns de euros en axudas destinadas a impulsar en 2022 e 2023 diferentes iniciativas coa finalidade de promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao parque nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.

Este foi un dos principais puntos que se abordaron na reunión do padroado do parque celebrada en Vigo e á que asistiu a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

Esta liña foi convocada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en xuño co obxectivo de apoiar a concellos, particulares, entidades sen ánimo de lucro e empresas na realización de actividades na área de influencia socioeconómica das illas.

Unha vez resolta a convocatoria e notificado o resultado aos beneficiarios, os membros do padroado foron informados do balance das axudas outorgadas este ano para dinamizar a área de influencia do Parque Nacional.

ÚLTIMAS

A Comisión de festas de Matamá pide abordar con outras organizacións “ata onde” chega a responsabilidade ante accidentes

A Comisión de festas da parroquia viguesa de Matamá respira máis tranquila tras o...

Buscan a unha muller de 44 anos de idade desaparecida en Vigo desde este domingo

SOS Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...