InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Edar do Lagares, das máis contaminantes do Estado

A Edar do Lagares, das máis contaminantes do Estado

A Asociación Arco Iris solicitou por escrito á Xunta de Galicia que se dean explicacións "á vista da enorme desproporción que existe entre a carga contaminante da EDAR de Lagares

PUBLICADO O

- Advertisement -

A estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Lagares, en Vigo, está á cabeza das entidades que contaminan a auga en toda España, ao ser responsable do 17,6% das emisións, segundo os datos dun informe emitido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco).

Nesta liña, o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR), que recolle os datos do ano 2021, indica que Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis sustancias contaminantes na auga emite –tan só por detrás de Cataluña– co 18,86% do total.

Deste xeito, a EDAR de Lagares emite cada ano, segundo os datos, 246.151 toneladas contaminantes, o que a sitúa como a instalación máis contaminante de todo o Estado, non só por encima do resto de depuradoras, senón tamén das industrias que tamén aparecen recollidas no informe.

Ademais, estas emisións comprenden o 93,48% das sustancias daniñas para a auga en Galicia. Os datos sobre contaminacións á auga indican que en Galicia, a seguinte entidade máis contaminante é a EDAR de Bens con 6.893 toneladas ao ano.

Así mesmo, o informe sinala que Galicia emite o 5,85% das sustancias contaminantes atmosféricas. O ciclo combinado das Pontes e a Refinaría coruñesa son as industrias que máis contaminan, sumando entre ambas as 1.565.708 toneladas anuais.

Os datos do Miteco reflicten que as sustancias contaminantes totais á auga e á atmosfera en Galicia, situáronse en 2021 nas 5.008.649 toneladas, o que supón un 0,5% menos que en 2020 e un 30% menos que en 2012, os primeiros datos recolleitos.

DENUNCIA DA ASOCIACIÓN ARCO IRIS

Nesta liña, a Asociación Arco Iris solicitou por escrito á Xunta de Galicia que se dean explicacións “á vista da enorme desproporción que existe entre a carga contaminante da EDAR de Lagares e as que a seguen na listaxe do informe”.

Arco Iris explicou nun comunicado que “semellante despropósito” merece explicacións dos responsables de “esta obsoleta instalación”. Así, piden que se revise o Plan de Control de Verteduras (PCV) da Xunta.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...