InicioMedio Ambiente e PatrimonioPrisión provisional para o presunto autor de máis de 12 lumes en...

Prisión provisional para o presunto autor de máis de 12 lumes en Salvaterra e Ponteareas

O home xa era reincidente e estaba investigado desde 2020.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas decretou este pasado xoves prisión provisional para o presunto autor de máis dunha ducia de incendios forestais na devandita localidade e no municipio veciño de Salvaterra do Miño.

Todo iso despois de que a Fiscalía da área de Vigo solicitase a súa entrada no cárcere tras os novos indicios achegados pola Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil.

Por este motivo, a Xunta de Galicia agradeceu nun comunicado o labor dos axentes, que permitiu a entrada en prisión do suposto incendiario, que provocaría doce lumes este ano e outros sete en 2020.

O home estaba investigado por varios incendios rexistrados precisamente en 2020, tanto na parroquia de Uma, en Salvaterra, como na de Guillade, en Ponteareas. Segundo os indicios, todo apunta a que volveu actuar este verán en Uma, ao ser visto polos veciños na zona onde se iniciou un dos lumes.

Dos incendios rexistrados este ano, dez tiveron consideración de incendios forestais e outros dous rexistráronse en terreo agrícola. O traballo dos axentes permitiu o achado das probas suficientes para a identificación e a posta a disposición xudicial do presunto responsable.

Todos os incendios localizáronse nas proximidades do barrio de San Andrés e a rápida actuación dos medios de extinción permitiu que a superficie total afectada non superase as 3,43 hectáreas, a maioría de monte arboledo. Os gastos de extinción ascenderon case aos 13.000 euros.

“Dáse a circunstancia de que esta persoa é reincidente. Así, as investigacións de incendios forestais realizadas polos axentes ambientais remóntanse ao 2020, ano no que este individuo foi posto a disposición xudicial pola presunta autoría de sete incendios forestais”, lembrou o Goberno galego.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

A ‘guerra’ de pantallas non dá tregua: Abel Caballero chama aos vigueses a ver a semifinal nunha “pantalla xigante de verdade”

A peculiar 'guerra' entre Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo pola instalación de...

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos...

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína,...