InicioMedio Ambiente e PatrimonioExtinguido o incendio de Ponteareas, mentres que o de Moaña continúa baixo...

Extinguido o incendio de Ponteareas, mentres que o de Moaña continúa baixo control

O foco de Moaña obrigou o luns a cortar a autovía do Morrazo durante unhas horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio que afecta o concello de Ponteareas xa foi extinguido, segundo informou a Consellería do Medio Rural a través das súas redes sociais. Finalmente, a superficie afectada foi de 20,96 hectáreas.

O lume orixinouse na parroquia de Guillade e deuse por controlado pasadas as 21,00 horas do martes, sendo extinguido este mediodía. Traballaron na zona dous técnicos, 16 axentes, 43 brigadas, 29 motobombas, dúas pas, un tractor, seis avións e nove helicópteros.

Pola súa banda, o foco de Moaña, iniciado na parroquia de Meira, deuse por controlado este martes ao redor das 17,30 horas. Cunha afectación aproximada de 20 hectáreas, traballan na zona 14 axentes, 33 brigadas, 30 motobombas, oito avións e cinco helicópteros.

Este lume obrigou o luns a cortar a autovía do Morrazo durante unhas horas. A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, explicaba que, durante a tarde, se viviu unha situación crítica, “cos veciños apagando o lume desde terra”, aínda que apuntou que non houbo desaloxos porque os habitantes traballaban na zona con caldeiros e mangueiras.

Nos dous incendios foi necesario activar durante a tarde do luns a coñecida como ‘Situación 2’, nivel de risco de emerxencia pola proximidade das chamas a núcleos habitados. A rexedora municipal de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, explicaba o luns que “o lume chegou moi preto, ao límite das vivendas”. Veciñanza colaborou cos seus medios mollando a contorna das vivendas.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...