InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha nova vaga de lumes afecta casas de Ponteareas e Moaña

Unha nova vaga de lumes afecta casas de Ponteareas e Moaña

Son incendios que comezaron na tarde deste luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio forestal atópase activo no municipio pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Guillade, nunha xornada de luns con varios lumes rexistrados en diferentes puntos de Galicia. Neste caso foi necesario activar a Situación 2, alerta proximidade a vivendas no núcleo de Raimonde, do mesmo xeito que ocorreu no lume que ameaza casas en Moaña, parroquia de Meira.

As chamas iniciáronse sobre as 16,30 horas na parroquia de Guillade, e o incendio atópase próximo ao núcleo habitado de Reimonde. Para o seu control, mobilizáronse polo momento 3 axentes, 6 brigadas, 3 motobombas, unha pa, 4 avións e 7 helicópteros.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Vila, confirmou a Europa Press que están “a traballar moitos medios” na zona onde se iniciaron as chamas, aínda que o lume estendeuse e pode haber problemas noutras áreas habitadas, como Pazos. “De momento non houbo que desaloxar a ninguén, pero o lume chegou moi preto, ao límite das vivendas”, relatou.

Así mesmo, a rexedora explicou que o Concello tamén está a contribuír cos seus medios á extinción das chamas (e preparando máis cuadrillas por se fosen necesarias), do mesmo xeito que os veciños, que con motobombas e mangueiras están a regar a contorna das vivendas.

Paralelamente, un incendio declarado esta tarde de luns no municipio de Moaña, ameaza casas na parroquia de Meira. A Consellería de Medio Rural informa de que o lume obrigou a cortar a autovía do Morrazo (CG 4.1) entre os quilómetros 5 e 6.

Ás 17,00 horas, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, explicou a Europa Press que se vivía unha situación crítica, “cos veciños apagando o lume desde terra” porque “aínda non chegaron os medios”. Asegura que non houbo desaloxos porque os habitantes traballan na zona.

Igualmente, este luns rexístranse lumes activos no municipio das Neves, parroquia de Batalláns, así como en Negreira, parroquia de Aro.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...