InicioMedio Ambiente e PatrimonioControlados os lumes de Arbo e Ponteareas e extinguido o da Cañiza

Controlados os lumes de Arbo e Ponteareas e extinguido o da Cañiza

Os lumes no Condado-Paradanta arrasaron case 500 hectáreas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Logo de varios días descontrolado, desde últimas horas do martes permanece estabilizado o incendio máis grande dos que aínda non foron extinguidos en Galicia: o que se iniciou na madrugada do sábado na parroquia de Mourentán do concello pontevedrés de Arbo e que calcinou unhas 400 hectáreas.

Este lume está perimetrado e sen chama. Medio Rural traslada que se están refrescando puntos quentes e subliña que se mantén estabilizado. Para apagalo, traballaron 9 técnicos, 29 axentes, 90 brigadas, 59 motobombas, 5 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 12 avións e 10 helicópteros. Así mesmo, participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

EXTINGUIDO O INCENDIO DA CAÑIZA

En canto ao incendio rexistrado en Oroso, na Cañiza, quedou extinguido ás 20,01 horas da pasada xornada, tras participar nos labores de extinción 1 técnico, 15 axentes, 26 brigadas, 13 motobombas 2 pas, 9 avións e cinco helicópteros.

Medio Rural confirma que finalmente resultou queimada unha superficie de 29,5 hectáreas, das que 18 son arboredos e 11,5 monte raso. Finalmente, segue controlado o lume de Padróns, en Ponteareas, cunha superficie provisional afectada de 20 hectáreas. Na súa extinción participaron 11 axentes, 23 brigadas, 16 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...