InicioMedio Ambiente e PatrimonioO incendio sen control que ameaza casas en Arbo dispárase ás 230...

O incendio sen control que ameaza casas en Arbo dispárase ás 230 hectáreas queimadas

É o lume máis grande activo en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio forestal activo no municipio de Arbo avanza sen control e xa queima 230 hectáreas, segundo a última estimación provisional de Medio Rural na tarde deste sábado. O lume obrigou a activar a situación 2 de alerta por proximidade do incendio a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas.

O lume iniciouse ás 3,17 horas da madrugada deste sábado na parroquia de Mourentán. No lugar traballaron nove helicópteros, oito avións, 21 motobombas, catro pas, 30 brigadas, nove axentes e tres técnicos. Tamén se solicitou a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

En declaracións a Europa Press, o alcalde do municipio, Horacio Gil, asegurou que as condicións meteorolóxicas son “moi adversas” con “moito vento e altas temperaturas”. Ademais, o rexedor sinalaba que estaban a aparecer focos en distintos puntos “seguramente polo efecto do vento”. Así mesmo, o rexedor informaba que no momento da activación da Situación 2 aínda non fora necesario evacuar aos veciños da parroquia das Searas, onde o lume se atopa máis próximo.

CONTROLADO O DE OÍMBRA

Pola súa banda, o novo lume que afecta o municipio ourensán de Oímbra, parroquia homónima, foi controlado ás 16,40 horas desta tarde de sábado. A superficie arrasada é de 25,5 hectáreas.

O outro lume principal que afecta nestes momentos a Galicia é o de Castrelo de Miño, parroquia de Barral, que queima unhas 200 hectáreas. Está controlado desde a mañá deste sábado.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...