InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian que o Concello de Vigo trata as árbores "coma se fosen...

Denuncian que o Concello de Vigo trata as árbores “coma se fosen mobiliario urbano”

Verdegaia esixe que o concello explique onde vai transplantar as árbores arrincadas en Martínez Garrido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Esta semana descubrimos na rúa Martínez Garrido que o concello, ademais de seguir liquidando as árbores máis antigas da cidade, tampouco ten reparos coas árbores plantadas nas recentes humanizacións“.

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que o Concello de Vigo eliminou, na contorna da Escola de idiomas, os últimos plataneiros que ficaban, “árbores con preto de 50 anos de vida”. Así mesmo, ao carón da estación de buses arrincou algunhas das árbores plantadas durante a ‘humanización’ dese treito da rúa.

Daquela, lembra a asociación, o concello afirmou que as decenas de árbores retiradas serían transplantadas a unha zona verde. “Os biólogos avisaron que a taxa de éxito na replantación de Plataneiros con corenta anos é practicamente nula e así foi. En poucos meses puidemos observar como as árbores, que foron transplantadas na zona verde do Polígono de Valadares, morrían todas”, explica.

Agora, no 2022, Verdegaia denuncia que “volve repetirse a historia”: “o concello afirma que os Plataneiros arrancados nas últimas semanas serán transplantados en varios sitios da cidade, aínda que non din a localización exacta”. É por iso que a organización vén de presentar polo rexistro unha petición formal para que o concello, en prol da transparencia, informe do paradeiro das árbores para poder facer un seguimento do seu estado.

“O goberno municipal ten a potestade política e a lexitimidade do votos popular para actuar deste modo, pero iso non significa que actúe correctamente. Considerar as árbores como un mero elemento de mobiliario urbano que se quita e pon demostra, ademais de insensibilidade ambiental, unha extrema pobreza moral“, sentenza Verdegaia.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...