InicioMedio Ambiente e PatrimonioQueda deserta a licitación da nova depuradora de Ponteareas

Queda deserta a licitación da nova depuradora de Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aguas de las Cuencas de España (Acuaes) declarou deserta a licitación das obras de mellora da depuradora da Moscadeira, no municipio pontevedrés de Ponteareas, ao non presentarse ningunha oferta.

O contrato de licitación era de 5,8 millóns de euros (sen IVE incluído), cun prazo de execución de 30 meses. O prazo para a presentación de ofertas finalizou o 27 de maio. Nun comunicado, o Grupo Municipal do PP lamenta que “a nova depuradora, tan necesaria para finalizar o saneamento e abastecemento de Ponteareas, sufra un novo pau ao quedar deserta a súa licitación.

“Non sabemos se se debe a un problema no proxecto ou un erro no cálculo de investimento e orzamento, o certo é que, polo momento, ningunha empresa considera interesante e rendible facer esta infraestrutura. Sospeitamos e así o denunciamos no seu momento que o importe destinado polo Goberno central a esta obra era insuficiente, seguramente este sexa o principal motivo polo que ninguén ofertou” sosteñen os populares.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...