InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas en Acción denuncian a construción de chalés en chan rústico xunto...

Ecoloxistas en Acción denuncian a construción de chalés en chan rústico xunto ao Cabo Estai

A organización ecoloxista subliña que os terreos afectados por esta urbanización presuntamente ilegal figuran como protexidos tanto no PXOM de Vigo pola súa condición de rústico, como pola lei de costas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción denuncia xunto coa asociación veciñal viguesa de San Miguel de Oia, a construción en Cabo Estai de seis chalés de luxo e un vieiro en solo rústico de especial protección, xusto sobre a costa, “ocupando terreos dentro do deslinde marítimo terrestre e usurpando fincas á veciñanza da parroquia”.

A organización ecoloxista subliña que os terreos afectados por esta urbanización presuntamente ilegal figuran como protexidos tanto no PXOM de Vigo pola súa condición de rústico, como pola lei de costas. Denuncian que a construción non respecta o mínimo de 20 metros de distancia coa costa que marca o deslinde do dominio público marítimo terrestre. Ademais sinalan que mesmo ao final do vieiro, a promotora da urbanización construiu sobre o propio rochedo da praia unhas escaleiras en formigón que chegan ata o bordo do mar.

A veciñanza da zona solicitou a suspensión cautelar das obras ata que se clarificase a súa situación legal. A mesma veciñanza declarou que o concello de Vigo desantendeu esta petición a pesar de que como aseguran os terreos sobre os que se construíu o vieiro foron usurpados a diversos propietarios.

Ecoloxistas en Acción denuncia que estas obras, unidas ás da promoción doutros 6 chalés que está a construir o grupo Viqueira ao seu carón cambiarán por completo o perfil da contorna, xusto na parte do litoral vigués que ainda conservaba algo do seu estado natural.

Lembran que o litoral vigués desde Oia e Saiáns posúe un importante valor mediomabiental. “Conserváse en relativo bo estado e é un dos sinais de identidade da paisaxe natural de Vigo“. Ademais de pola súa flora e fauna, ten interese para a pesca artesanal e a observación ornitolóxica.

Sen embargo, sinalan, en troques de ser protexida, “está a soportar unha forte presión urbanística que lembra a épocas pasadas onde a lei era distinta para as familias adineradas que para o cidadan de a pé”. Ademais engaden que coa construcción da urbanización denunciada “semella que en Cabo Estai segue vixente o urbanismo para ricos”.

Desde Ecoloxistas en Acción instan ás administracións para que non permitan este tipo de proxectos que cualifican como “auténticos pelotazos urbanísticos, que antepoñen o lucro privado, cada chalet calcúlase nun valor medio de 2 millóns de euros, á preservación dos valores naturais do noso litoral“. Tamén fan un chamamento á cidadanía de Vigo para parar as obras e preservar o espazo natural.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...