InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Castelo de Sobroso estrea musealización

O Castelo de Sobroso estrea musealización

Recrea a historia desta fortaleza e da súa contorna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Castelo de Sobroso estreará este próximo luns, día 4, unha innovadora musealización, que recrea a historia desta fortaleza e da súa contorna, co obxectivo de pór en valor os recursos turísticos da comarca na que se asenta.

Con iso, Sobroso únese a Soutomaior como aposta da Deputación de Pontevedra por potenciar os espazos fortificados musealizados da provincia como polo de atracción turística.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto á alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e rexedores dos concellos de toda a comarca de Condado-Paradanta, participarán a partir das 11,00 horas no acto do trinque da musealización, no que tamén estarán blogueiros e instagramers de turismo, que coñecerán a intervención na que a Deputación investiu 261.224 euros.

A musealización do Castelo de Sobroso está baseada nunha intervención vivencial, onde, en cada espazo, as persoas visitantes serán sorprendidas por un espectáculo audiovisual diferente, no que as personaxes e sensacións tomarán o protagonismo para revivir diferentes historias ao longo de toda a visita, mantendo dous fitos no relato como é a recuperación da tradición oral.

Deste xeito, no transcurso da visita á fortaleza, as persoas visitantes poderán descubrir a relación da raíña Urraca ou a raíña Isabel de Portugal co Castelo de Sobroso, ou o papel do xornalista Alejo Carrera na súa rehabilitación como espazo residencial na primeira metade do século XX.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...