InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs costas galegas rexistraron xa máis de 100 varamentos de cetáceos en...

As costas galegas rexistraron xa máis de 100 varamentos de cetáceos en 2018

A maior parte dos animais morre por capturas accidentais de diferentes artes de pesca. A CEMMA critica que non existan protocolos claros para recoller os cetáceos mortos e facer investigacións máis rigorosas.

PUBLICADO O

Galicia vai camiño de bater un triste récord este 2018, o de cetáceos varados no litoral. No que vai de ano foron máis de 100 animais —golfiños, principalmente, aínda que tamén apareceron caldeiróns, cifios e varios tipos de baleas— os que acabaron mortos ou en moi mal estado nas nosas praias.

O número vai camiño de superar ao de 2014 —hai catro anos levaba 200 a estas alturas do ano—. A razón, segundo o expertos da Coordinadora do Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) ten que ver cos fortes temporais de mar dos últimos meses. Pero non todo son causas metereolóxicas. Moitos deles perden a vida por outras causas e son arrastrados á costa polo mar bravo.

Por iso son tan importante inspeccións como as que fixo a CEMMA o pasado mes en Louro, para coñecer as verdadeiras causas das mortes.

Golfiño varado en Corcubión dende hai 2 meses
Golfiño varado en Corcubión dende hai 2 meses / Perla Fuentes

Alfredo López, da CEMMA, explica que boa parte dos animais chegan nun estado de descomposición que impide sacar conclusións. Pero hai outros que aparecen máis frescos que si que permiten examinar e analizar as causas das mortes. E, segundo as primeiras conclusións, arredor dun 60% das mortes son debidas as capturas accidentais de diferentes artes de pesca. Alfredo explica que nesa porcentaxe levan atopado indicios de marcas de redes ou cortes das tanzas.

A zona de Muros a Fisterra está sendo moi castigada, pero tamén houbo casos en Laxe ou Ponteceso. Ou en Muxía, onde hai pouco varaba un especimen de cifio (Ziphius cavirostris), un dos grandes mergulladores, unha especie moi rara de ver e por iso moi interesante para analizar.

Precisamente, o exemplar aparecido en Muxía foi un deses casos onde a falta de coordinación impediu un bo examen, pois con todo organizado para facer a viaxe e a autopsia, a mar levou o corpo na seguinte marea.

O CEMMA analizando un golfiño varado en Louro a comezos de mes
O CEMMA analizando un golfiño varado en Louro a comezos de mes / Manuel Maria Candamo

RESPONSABILIDADES

De feito, desde a CEMMA suliñan que as responsabilidades e prioridades deberían quedar moi claras e a coordinación debería ser moito máis efectiva. “A retirada é responsabilidade dos concellos. Nós, no CEMMA intentamos ir antes para coller mostras, analizar os corpos, e despois chamaos aos Concellos, peo ten que haber coordinación. Hai moitas veces que non nos avisan, ou que chegamos e xa recolleron o corpo. As veces pasan meses os animais ciscados e outras veces andamos ás presas, e nós que estamos en Nigrán e ese día temos 10 varamentos en toda Galicia, non podemos chegar en unha hora”, explica Alfredo.

Por iso, esta organización pídelle sempre á Xunta que envíe un comunicado co protocolo de actuación, pero non se fai e rómpese a dinámica, e retíranse animais sen ser estudiados.

ÚLTIMAS

A Xunta pide ao Concello de Vigo “axilizar ao máximo” o seu informe sobre a PXOM

A Xunta de Galicia pediu ao Concello de Vigo que "emende os erros detectados"...

O Goberno traslada “tranquilidade” polo crime da maleta que, por agora, non se considera violencia de xénero

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, trasladou este luns unha "mensaxe de tranquilidade" sobre...

A CEG aborda con Caballero as necesidades de transporte de Vigo e insiste en pedir que o tren chegue ao porto de Bouzas

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, reuniuse este luns co...

Trasladan ao hospital a unha octoxenaria con problemas respiratorios tras un incendio no portal dun edificio en Gran Vía

Unha muller de 82 anos de idade foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de...