InicioSociedadeInertimar, un sistema nado en Vigo para reducir a expansión de parasitos...

Inertimar, un sistema nado en Vigo para reducir a expansión de parasitos no peixe

O proxecto, no que colaboran ARVI e ENERGYLAB, está cofinanciado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os fondos Next Generation.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Po rto de Vigo (ARVI) e o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (EnergyLab) inician a segunda fase do proxecto ‘Inertimar’, co obxectivo de desenvolver e validar a bordo dun barco pesqueiro un sistema de exterminación de parásitos sustentable e efectivo.

Segundo explican nun comunicado, hoxe en día, un gran número de barcos pesqueiros retiran as vísceras do peixe tras a súa captura para evitar que os parasitos se propaguen dentro do peixe. Con todo, estas vísceras contaminadas son devoltas ao mar, o que supón o retorno do parásito ao medio mariño e a posibilidade de que volvan introducirse noutros peixes.

Coa fin de dar solución a este problema, no ano 2019 ARVI e o Centro Tecnolóxico EnergyLab desenvolveron un proxecto no que empregan calor residual dun motor de combustión para descontaminar os residuos xerados no parque de pesca. Este método permite reducir a redifusión do parásito sen xerar un custo enerxético adicional, polo que non implica un incremento na pegada de carbono do buque.

Tras o éxito dos resultados obtidos, vaise desenvolver este novo proxecto no que EnergyLab e ARVI, como entidades colaboradoras, propoñen avanzar no desenvolvemento do prototipo inicial. O proxecto Inertimar é unha iniciativa enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada polo Fondo Europeo NextGeneration.

“Neste proxecto deseñarase e construirase un prototipo que se adapte a un buque pesqueiro existente e que sexa facilmente adaptable ao resto da frota”, indican as entidades no comunicado. Este novo prototipo será instalado a bordo dun dos buques de Gran Sol, e formarase á tripulación para o seu funcionamento durante a marea de proba.

“O proxecto pretende aumentar a confianza do mercado ao preservar a calidade da pesca e mellorar o produto final grazas ao desenvolvemento dunha máquina sinxela, eficiente e robusta que ademais non consuma enerxía”, sinalan.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...