InicioMedio Ambiente e PatrimonioBiólogos piden medidas de protección dos areais do esteiro do Lagares...

Biólogos piden medidas de protección dos areais do esteiro do Lagares no novo PXOM e critican a presenza de cans

Os científicos, da Universidade de Vigo, presentan unha alegación ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Biológos da Universidade de Vigo presentaron unha alegación ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade, que se atopa en fase de tramitación, para reclamar medidas de protección dos areais que se atopan na desembocadura do río Lagares, porque as actividades que actualmente se permiten (foron designadas ‘praias caninas’) poñen en risco a conservación da zona.

Un grupo de oito científicos sinala que a novo PXOM recoñece a importancia da biodiversidade nesa zona, en concreto nas praias de Foz e A Calzoa, e a necesidade de conservar a fauna, os sistemas dunares, etc.

Estes areais acollen especies de aves protexidas e de interese, ademais de ser frecuente a presenza de exemplares de nutria.

Actualmente, lamentaron os biólogos, eses enclaves “carecen de protección” e o novo plan urbanístico tampouco contempla medidas para a súa conservación ou restauración. De feito, lembraron que o Concello permite actividades, como a presenza de cans ou a limpeza mecánica das praias, que son “antagónicas coa conservación da biodiversidade”.

Por iso, presentaron unha alegación na fase de información pública do documento na que reclaman que se faga unha avaliación do estado de conservación e os riscos que afectan as especies e os hábitats da zona. Así mesmo, piden que o novo plan contemple medidas de protección para esa biodiversidade e que amplíe o ENIL (Espazo Natural de Interese Local) do Vao-Baluarte ata o esteiro do río.

ÚLTIMAS

Caballero insiste sobre a AP-9: “Toda a autoestrada ten que ser gratis”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo...

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das...

Condenan por intrusismo a un falso médico que traballou nas Urxencias do Álvaro Cunqueiro, en Adeslas e Fátima

Pablo Alborés Cabaniña, coñecido en Vigo por ser o primeiro director da Fundación Porto...

Zona Franca de Vigo adxudica a construción da planta de semiconductores fotónicos

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo acordou este martes a adxudicación, por...