InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Guardesiña, a foca atopada na Guarda con desnutrición, recupérase "favorablemente"

A Guardesiña, a foca atopada na Guarda con desnutrición, recupérase “favorablemente”

No que vai de ano foron observados dous lobos mariños, un en Malpica e outro en Cabo Ortegal, e vararon tres exemplares no Vicedo, Valdoviño e A Guarda, sendo Guardesiña a única que sobreviviu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 Guardesiña, a foca achada o 14 de xaneiro no porto da Guarda con desnutrición, deshidratación e afección respiratoria, está “fóra de perigo” e recupérase “favorablemente” aínda que necesita máis tempo antes de poder volver ao mar, o que depende de que recupere a súa capacidade de alimentarse por si mesma, informaron a Xunta e a Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma).

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, visitou este venres o centro veterinario no que se atopa ingresado o animal, unha femia de 85 centímetros de lonxitude e 14 quilos de peso que foi bautizada como Guardesiña.

Polo estado en que se atopaba cando foi achada, a foca foi trasladada inmediatamente á unidade de coidados intensivos da Cemma en Nigrán. A súa evolución nos seguintes días foi “moi positiva” e mellorou o seu estado xeral ao recuperar a temperatura corporal, diminuír a afección respiratoria e empezar a alimentarse por se mesma.

Actualmente, o animal segue en estado de saúde delicado, pero está fóra de perigo. Unha vez que recupere a capacidade de alimentarse ela mesma, será devolta ao mar, para o que se contará coa colaboración de barcos arrastreiros.

UNS 280 ANIMAIS VARADOS AO ANO

Segundo a Xunta, cada ano varan nas costas galegas unha media de 280 exemplares de réptiles e mamíferos mariños. No que vai de ano, foron observados dous lobos mariños, un en Malpica (que chegou á praia pero regresou ao mar pola súa conta) e outro en Cabo Ortegal; e vararon tres exemplares no Vicedo, Valdoviño e A Guarda, sendo Guardesiña a única que sobreviviu.

Doutra banda, o pasado mes unha embarcación que faenaba preto da Illa Coelleira, no Vicedo, atopou unha tartaruga mariña común nun aparello de pesca, que foi trasladada ao centro Cemma de Nigrán para estabilizala e atendela das “consecuencias leves” que sufriu derivadas da súa captura.

Esta tartaruga, que recibiu o nome de Antares, é a máis grande que atendeu este centro (71 centímetros e 24 quilos) e por estas características e os requirimentos desta especie, decidiuse o seu traslado a L’Oceanografic de Valencia, onde proseguiu a súa recuperación até o seu traslado ao medio mariño o pasado 18 de xaneiro.

Díaz subliñou que este tipo de actuacións “son posibles grazas ao convenio” entre a Xunta e Cemma (que no período 2018-2019 contará cunha dotación económica de 80.000 euros), polo que se garante “a asistencia adecuada, a recuperación e o estudo” dos réptiles e mamíferos mariños varados no litoral.

ÚLTIMAS

Aínda queda xente honesta: unha persoa acha unha bolsa con case 2.000 euros e entrégalla á Policía Local

A Policía Local devolveu ao seu lexítimo dono unha bolsa que contiña case 2.000 euros e...

Caballero pregunta a Louzán se a exclusión de Vigo do Mundial 2030 foi por “odio” ou por “instrucións de Rueda”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a acusar este mércores a Rafael Louzán,...

Deteñen por ameazas ao mozo que agredira a outro menor en Vigo en novembro

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, confirmou a detención por ameazas, este...

Un menor agredido en Vigo leva días sen ir ao insituto e recibindo ameazas, denuncian os pais

Os pais dun menor que sufriu unha agresión hai varias semanas en Vigo denunciaron...