InicioMedio Ambiente e PatrimonioO "espolio" dos eólicos chega ás montañas de Pontevedra con "máis de...

O “espolio” dos eólicos chega ás montañas de Pontevedra con “máis de 200 muíños de vento”

A Serra do Suído, do Faro de Avión e de Paradanta poderían pasar a acoller "centos de quilómetros" de liñas eléctricas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa a polémica febre da enerxía eólica en Galicia. Desta vez, as denuncias do movemento ecoloxista e veciñal céntranse nunha paraxe natural conformada por tres serras: a do Faro de Avión, da Paradanta e do Suído. Este conxunto montañoso, a cabalo entre Ourense e Pontevedra, podería correr perigo de pasar a contar con “máis de 200” muíños de vento que alterarían gravemente a súa paisaxística.

Cando menos, esa é a denuncia da plataforma Asemblea do Suído, que asegura que a Xunta de Galicia ten plans de permitir a instalación de “centos de quilómetros de liñas eléctricas” na zona; unha dotación que iría parella a “unha ducia de subestacións eléctricas e a construción de decenas de camiños de acceso nas montañas”.

“O goberno galego do PP, en conivencia coas grandes empresas enerxéticas e fondos de inversión estranxeiros, quere converter toda a conca alta do río Tea nun gran polígono industrial enerxético sobre miles de hectáreas de terreo”, resumen dende a asemblea. Segundo cálculos da plataforma, dos “máis de 20 novos parques eólicos” que afectarían á zona, “unha decena” estarían planeados para a serra do Suído.

REDE NATURA

A problemática chega porque, de acordo coa asociación, os plans enerxéticos amparados pola Xunta de Galicia implicarían a construción de varios parques eólicos no marco dunha zona “de ampliación da rede Natura 2000”. Entre estes, subliñan, estaría tamén un parque eólico  “promovido polo propio concello de Covelo na parroquia de Fofe”. Para a asociación, os plans dispostos constitúen “un atentado ambiental en toda regra”, xa que, destacan, a administración está a “adiar a ampliación da rede Natura 2000 no Suído a propósito” para poder construír os parques eólicos en cuestión.

Segundo subliñan as mesmas fontes, tal ampliación xa foi requirida pola Comisión Europea “en repetidas ocasións”; unha cuestión que se sumaría aos diversos choques coa lei que a plataforma atribúe aos proxectos –o Suído, explican, é “área de especial interese paisaxístico”–. O punto e final deste “atentado” póñeno as baixas compensacións que se dan aos propietarios de terras arrendadas. Estes “réditos ridículos”, segundo citan dun informe da UVigo, “non sobrepasan o 1,5 % da facturación anual dos parques eólicos”. Todo un “espolio” que piden deter.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...