InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha canteira ameaza o Coto de Eira, un rico espazo natural proposto...

Unha canteira ameaza o Coto de Eira, un rico espazo natural proposto para Rede Natura

No ano 2010 a Asemblea do Suído, xunto con outros colectivos da zona, mobilizouse para paralizar outro proxecto dos mesmos promotores no mesmo lugar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha mina ameaza unha das contornas naturais máis fermosas de Mondariz, o coto de Eira, un espazo con monte e especies autóctonas que corren serio risco. A explotación de granito ameaza elementos patrimoniais e naturais de gran valor nunha zona proposta na ampliación da Rede Natura 2000.

A veciñanza de Sabaxáns, en Mondariz, recorreu a resolución de aprobación da Xunta de Galicia para tentar paralizar o proxecto “Corvos” que afecta ao seu monte veciñal. A cuadrícula mineira linda co foxo do lobo das Estacas e invade a zona de protección dunha mámoa.

Asemblea do Suído denuncia nun comunicado que, ademais, da destrución e eliminación no lugar de hábitats e especies de interese europeo, e do impacto paisaxístico, o proxecto “Corvos” vai verter as augas das balsas de decantación ao espazo protexido do río Tea a través do seu afluente, o río Furafollas. “As augas do enxurro tamén afectan a outro río afluente do Tea, o Alén, cun alto valor ecolóxico e tamén proposto para formar parte da rede Natura 2000”, engade.

No ano 2010 a Asemblea do Suído, xunto con outros colectivos da zona, mobilizouse para paralizar outro proxecto dos mesmos promotores no mesmo lugar, mais no monte lindeiro veciñal das Estacas, conseguindo a súa desestimación administrativa. “Hoxe como antes, agardamos que este proxecto non se leve a cabo e que tanto a Xunta como os promotores, Granitos del Val SL, renuncien á súa consecución”, indica.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...