Desde fai décadas, a poboación de gaivotas na cidade de Vigo é especialmente grande, afectando por exemplo aos bares e cafeterías rompendo pratos ou levándose anacos de comida, así como a centos de vehículos que aparecen máis sucios do que debería.
A situación chegou a un punto que se comezaron a empregar aves rapaces (falcóns, máis en concreto) no Berbés para lograr a súa marcha. O caso é que as gaivotas viguesas xa puxeron os seus ovos e están a coidar ás crías a toda costa. Polo que subir a unha azotea pode chegar a converterse en toda unha odisea.