InicioMedio Ambiente e PatrimonioMariñeiros da Guarda deseñan un dispositivo para salvar tartarugas atrapadas polos barcos...

Mariñeiros da Guarda deseñan un dispositivo para salvar tartarugas atrapadas polos barcos de palangre

É unha iniciativa pioneira en España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de pescadores da Guarda deseñaron dous dispositivos metálicos pensados para salvar a vida a tartarugas que son capturadas de forma accidental polos bancos de palangre na manobra de izado a bordo.

A iniciativa, pioneira en España, naceu dun curso impartido no ano 2018 por unha organización medioambientalista orientado a paliar os efectos das capturas non buscadas por parte dos barcos pesqueiros.

Así, o sistema, bautizado como ‘Salvatortuga’, está adaptado ás particularidades dun barco de palangre e os distintos tipos e tamaños de tartaruga que adoitan atoparse.

Deste xeito, en colaboración cun ferreiro da localidade guardesa, deseñáronse dous dispositivos pensados para ocupar pouco espazo no barco e facilitar o izado das tartarugas por parte dos guindastres dos pesqueiros, que chegan a atoparse con exemplares de máis de 125 quilos.

Estes sistemas xa foron rexistrados e patentados, polo que a intención é que todos os barcos da Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) conten con cada un dos artefactos antes de que conclúa o ano.

A organización destaca que, con isto, “a supervivencia das tartarugas mariñas capturadas está practicamente garantida” dado que a maioría dos exemplares ten os anzois cravados en lugares onde a extracción “é factible” para o seu posterior soltado unha vez recibidos os coidados necesarios.

ÚLTIMAS

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...