InicioMedio Ambiente e PatrimonioEn 2017 foron investigados 151 delitos contra o medio ambiente

En 2017 foron investigados 151 delitos contra o medio ambiente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ao longo do ano 2017 formuláronse unhas 100 denuncias por incumprir a normativa sobre animais perigosos, así como foron investigados 50 delitos de incendio forestal e 31 por abandono de animais domésticos, entre outros casos. O Seprona vén de facer balance do pasado exercicio.

No apartado de infraccións administrativas formuláronse preto de 1.600 denuncias. Destacan as infraccións á normativa sobre residuos e vertidos con 291 actuacións, as relativas á normativa sobre animais de compañía, con 257, as infraccións á normativa sobre montes, 146, sobre sanidade animal, 137, e as actuacións relacionadas coa normativa sobre augas, 107.

Tamén son destacables as 100 denuncias formuladas por contravenir a normativa sobre animais perigosos, 98 infraccións relacionadas coa pesca, 52 por infrinxir as normas sobre urbanismo e ordenación do territorio, 48 relacionadas coa sanidade e medio ambiente, 44 vinculadas coa sanidade vexetal e fitosanitarios e 41 actuacións sobre espazos naturais, flora e fauna.

Infraccións penais

Os datos sobre infraccións penais sinalan un total de 151 delitos vinculados co medio ambiente, co resultados de 93 persoas detidas ou investigadas. Neste apartado destacan 50 delitos de incendio forestal, con 5 detidos e 14 investigados; 32 delitos relativos á propiedade industrial, con 32 investigados e 1 detido, e, para rematar, 31 delitos de maltrato ou abandono de animais domésticos, con 3 detidos e 17 investigados.

Actuación Garda Civil / Garda Civil

Tamén destacan outros delitos relativos á ordenación do territorio e á protección do patrimonio histórico e do medio ambiente, entre os que sobresaen os delitos urbanísticos (12) e os relativos á protección da flora e a fauna (3) e os delitos contra a saúde pública con produtos alimenticios (4).

Outras actividades

En aplicación do convenio sobre o comercio internacional de especies ameazadas de fauna e flora silvestres (CITES), realizáronse varias intervencións e recuperáronse 12 réptiles (6 tortugas carbonaria, 3 tortugas rusas e 1 tortuga trionix e 1 caimán) e 3 aves (2 falcóns e un azor).

Actuación Garda Civil / Garda Civil

Noutra orde de actuacións, sinalar que durante o pasado ano o SEPRONA formalizou 1.096 actas por inspeccións realizadas nos distintos ámbitos das súas competencias específicas. Sobresaen as inspeccións realizadas por residuos e vertidos (179), as relacionadas cos animais de compañía (127), coa normativa de montes (101), sanidade animal e epizootias (89), augas (82) e razas caninas perigosas (82).

A Garda Civil é, desde as súas orixes, unha institución comprometida coa protección do medio ambiente, de feito, foi o corpo policial pioneiro internacionalmente en abordar a protección da natureza dunha forma integral, promoviendo a creación de Unidades especializadas nesta materia, como é o caso do Seprona, que logo de cumprir o trinta aniversario da súa posta en servizo, segue sendo un referente noutras policías europeas.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...