InicioMedio Ambiente e PatrimonioMedio Ambiente promociona o turismo sustentable no Monte Aloia de Tui

Medio Ambiente promociona o turismo sustentable no Monte Aloia de Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente adxudicou o servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación, promoción do turismo de natureza sustentable e educación ambiental no parque natural do Monte Aloia, en Tui (Pontevedra), por un importe total de 65.143,38 euros.

A finalidade principal desta actuación, cofinanciada nun 80% a través do fondo europeo para o desenvolvemento rexional ao amparo do programa FEDER Galicia 2014-2020, é a contratación dun servizo de atención ao público e sensibilización, así como de campañas de promoción turística e educativas que contribúan á concienciación ambiental da sociedade e a un mellor coñecemento dos espazos incluídos na Rede de Parques Naturais de Galicia.

De feito, o contrato licitouse o pasado mes de marzo dividido en seis lotes: un por cada un do seis parques naturais existentes en Galicia. Da prestación do servizo de promoción e divulgación dos valores do Monte Aloia encargarase a empresa Oficina Técnica Demontes SLU, que acaba de resultar adxudicataria do contrato por un período de 24 meses.

Entre as actividades que terá que desenvolver para conseguir este obxectivo figuran campañas, actividades e talleres de educación, sensibilización e divulgación ambiental, conservación da natureza e Rede Natura 2000 que se impartirán fundamentalmente no Centro de Visitantes do Monte Aloia, en Tui, coñecido como Casa Forestal Enxeñeiro Areses.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...