InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta mantén a recomendación de non beber auga de pozos en...

A Xunta mantén a recomendación de non beber auga de pozos en Contrasto, O Porriño, pola presenza de lindano

PUBLICADO O

- Advertisement -

Así o trasladaron responsables autonómicos nunha reunión celebrada este venres con representantes do Concello do Porriño, encabezados pola alcaldesa, Eva García da Torre.

Nesta comisión de seguimento, na que tamén participaron representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, tamén se informou de que se está terminando a redacción do proxecto de remedación da pista afectada na zona de Contrasto, o principal foco de contaminación por lindano.

Pola súa banda, a rexedora porriñesa trasladou que acaba de presentar o proxecto de obra de abastecemento de auga aos veciños, que agora debe ser valorado pola Consellería de Sanidade.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...