InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta queimará 12 hectáreas no Condado e na Paradanta para evitar...

A Xunta queimará 12 hectáreas no Condado e na Paradanta para evitar lumes no verán

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural pon en marcha este ano plans piloto en catro dos 19 distritos forestais existentes co fin de impulsar tarefas de prevención que se centren en zonas de especial abandono e afectación por incendios. Un plan que se aplicará nosmontes do Condado e A Paradanta.

Rozas, devasas, eliminación de eucaliptos e piñeiros de marxes de estradas e melloras de pistas serán algúns dos traballos. Así, haberá melloras en municipios como Mondariz, Covelo, Ponteareas e As Neves, así como ao longo de 12,6 quilómetros da liña de tren que une Vigo con Ourense nos concellos de Arbo e Crecente. Haberá 13 queimas controladas en 42 hectáreas.

Entre os perímetros de alto risco identifícase que o municipio das Neves conta cunha especial problemática de balance histórico de incendios con “gran presenza de interface urbano-forestal” e estado de “abandono” nalgunhas zonas. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...