InicioMedio Ambiente e Patrimonio530 parcelas de Tomiño foron xa denunciadas entre 2017 e 2018 por...

530 parcelas de Tomiño foron xa denunciadas entre 2017 e 2018 por non respectar as leis contra incendios

O Concello de Tomiño chama á veciñanza a "ser responsable das propiedades de cada un".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño está a levar a cabo, coma medida de prevención de incendios, unha labor de control sobre os terreos do municipio. Con este fin, informa á veciñanza das distintas normativas existentes nas administracións, relacionado, sobre todo, coa limpeza de fincas.

Un aspecto moi importante, nos que os técnicos da Concellalía de Medio Rural, que dirixe Lois Vázquez Calvo, fan especial fincapé, é a distancia das plantacións nos distintos tipos de solo existentes no municipio e obrigas de xestión de biomasa nos seus terreos.

No ano 2017 foron máis de 300 as parcelas que foron denunciadas por non cumprir a normativa; a maioría tramitadas por demandas de veciños ou veciñas, e una menor parte, de oficio, pola mesma concellalía ou policía local. No que vai do ano 2018, as denuncias superan xa as 230, é dicir, que creceron un terzo máis que o ano pasado.

O concelleiro responsable indica que o tempo medio de resolución da maioría das denuncias foi de dous meses: “A maioría dos expedientes resólvense enviando so unha notificación ás persoas propietarias, aínda que un dos principais problemas cos que nos atopamos é a localización dos donos, xa que moitas veces, os datos do catastro municipal están incompletos ou son erróneos”, explica.

Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

O procedemento habitual comeza pola solicitude (aos propietarios) de limpeza da finca,
seguida dun informe da Policía Local, unha consulta catastral, o envío dunha primeira carta
certificada, e dunha segunda, se fora necesario. No caso de que os propietarios non contesten (menor parte dos casos), o Concello procede á publicación no BOE e á execución subsidiaria.

Toma medidas

“Toma Medidas” é o nome da campaña de prevención de incendios forestais, organizada pola Xunta de Galicia e a asociación “Faite Corta Lumes”, coa que o Concello de Tomiño está a colaborar de forma activa.

Trátase de informar á cidadanía da importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facerse responsable das propiedades de cada un. Tamén é moi importante controlar o crecemento da biomasa nas parcelas, e lembrar que as queimas autorizadas so están permitidas de día, e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Entre as recomendacións da campaña está a de manter unha distancia de 50 metros entre calquera plantación de eucaliptos, piñeiros ou acacias e o solo urbano con edificacións, urbanizacións, depósitos de lixo, parques ou industrias.

Medidas de separación coas especies pirófilas: eucalipto, acacia, pino / Concello de Tomiño

A mesma distancia deben gardar os cámpings, gasolineiras ou instalacións de actividades
perigosas, mentres que no caso de estradas e vías de ferrocarril, a distancia con plantacións de especies caducifolias baixa a 10 metros, e a 4 para as especies frondosas coma castiñeiro, carballo, sobreira, etc.

Asemade, a distancia entre plantacións de eucalipto, piñeiros ou acacias e pistas forestais principais é de 4 metros (6 nos concellos declarados zonas de alto risco) e 2 para as especies frondosas.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...