InicioMedio Ambiente e PatrimonioCoñece a trama da carne de cabalo que tiña que alimentar as...

Coñece a trama da carne de cabalo que tiña que alimentar as feras de Vigozoo e que acabou comendo xente en Bélxica

Era carne de cabalo morto procedente do matadoiro leonés de Toreno. Na operación houbo 65 persoas implicadas e ramificacións en, polo menos, sete países. O sumario documenta tamén casos de maltrato animal con xente sen experiencia que abría en canal os animais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En abril de 2017 a Garda Civil interviña os matadoiros das localidades leonesas de Astorga e Toreno. Arrincaba así un segredo policial e xudicial que escondía un armazón que acabou sendo internacional e con 65 persoas entre empresarios gandeiros, veterinarios e funcionarios detidos ou imputados pola venda ilegal de carne. A Garda Civil bautizouna como a Operación Gazel e á fronte dela sitúase un holandés residente en Calpe, Alacante, Johannes Fasen.

Segundo informa El País, agora soubose que Vigo foi un dos epicentros clave para destapar esta operación xa que o seu zoo era o destinatario da carne como alimento das súas feras. Foi un veterinario de VigoZoo quen detectou que “algo no cuadraba” cando as partidas suministradas non se correspondían coas que figuraban nos albaráns, feito utilizado para branquear esas partidas de carne non apta e vendela a un prezo superior.

Unha carne de cabalos mortos que se desviou para o consumo humano e que, finalmente, rematou en Bélxica.


Pero nesta rede internacional de tráfico de carne tamén houbo ramificacións e persoas implicadas doutros sete países; Francia, Portugal, Italia, Romanía, Suíza, Holanda e Reino Unido, e tamén de sete comunidades autónomas diferentes.

Tal foi a embergadura desta operación que a súa investigación recau na Audiencia Nacional e nela traballou un equipo especial da Garda Civil en colaboración coa Europol que acabou detendo a 65 persoas só en España. Uns detidos aos que se lle imputa presuntos delitos de malos tratos animais, falsidade documental, prevaricación, atentado contra a saúde pública, branqueo de capitais e organización criminal, alcanzando a sete comunidades autónomas.

COMO ACTUABA A REDE?

Pero, como se teceu esta rede internacional?. As investigacións apuntan a que o epicentro era o matadoiro de Toreno. Desde aí distribuíronse para a súa venda e posterior consumo humano partidas que a priori estaban destinadas a alimentar a felinos de Vigozoo, o Parque Zoolóxico de Vigo. “Este matadoiro introducía carne en forma de subproductos en cadeas de supermercados de ámbito nacional, xerando un risco para a saúde pública“, recolle a documentación do caso.

O sumario do caso fala dun “total descontrol sanitario” no matadoiro de Toreno, en concreto nas partidas de carne de cabalo non apta para o consumo humano que deberían ter acabado en Vigozoo, pero que acabaron vendendose como carne de vacún e tenreira. De feito, parte desa carne, contaminada ademais con listeriose, acabou sendo enviada a Bélxica en febreiro de 2017

Segundo a información do xornal madrileño, entre a documentación da que xa dispón a xuíza da Audiencia existen probas como gravacións nas que se falaba eufemísticamente de “cabalos durmidos ou tombados”. E manobras como que se abrise o matadoiro de Toreno de noite para sacrificar animais saltándose todos os controis sanitarios preceptivos, chegando estes do norte de España e tamén de Portugal.

MALTRATO ANIMAL

O sumario tamén recolle prácticas de extrema crueldade cos 18.000 animais que pasaron polas mans desta trama. Persoas concertadas e sen cualificación que extraían os chips de identificación “sen contemplacións algunha ante o estrés e a dor á que sometían aos cabalos, de xeito rudimentario”. O obxectivo era “blanquear os caballos e introducilos sen control na cadea de sacrificio animal” para finalmente destinar a súa carne para consumo humano.

O LÍDER

O líder desta organización, Fasen, non era a primeira vez que delinquía. De feito, estaba sendo buscado en Francia por outra estafa alimentaria. Non unha calquera, senón a maior estafa alimentaria de Europa, coñecida como ‘Horsegate’, igualmente con carne de cabalo sen ningún tipo de control.

ÚLTIMAS

Confirmado como crime machista a morte da nova de 36 anos atopada o venres en Baiona

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou este luns que Estela B.S., de...

Vigo activará o plan especial para tráfico no Nadal este sábado coincidindo co aceso da iluminación para as festas

O Concello de Vigo activará este sábado o seu plan especial de tráfico e...

ANPAS de Vigo entregan mil firmas no Concello para a axilización de bolsas de comedor

Representantes da Federación Olívica de Anpas (FOANPAS) presentaron este luns no rexistro do Concello...

A UVigo dentro do estudo internacional máis ambicioso sobre neutrinos

Investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da Universidade...