InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnión Fenosa, multada por cortas ilegais nun espazo de Rede Natura 2000

Unión Fenosa, multada por cortas ilegais nun espazo de Rede Natura 2000

Cortou máis de vinte amieiros, salgueiros e carballos nunha zona de especial protección da natureza e foi sancionada con pouco máis de 7.500 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unión Fenosa acaba de ser multada por realizar podas e talas non autorizadas, alterando a vexetación protexida da ribeira do río Tea, en Ponteareas, e realizar labores mecánicas no propio cauce do río, mesmo atravesándoo dunha beira a outra cun tractor. Nestas accións de mantemento da liña de alta tensión que atravesa o Tea cortáronse máis de vinte amieiros, salgueiros e carballos nunha zona de especial protección da natureza, dentro da Rede Natura 2000.

O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre a resolución deste expediente iniciado hai uns meses contra a multinacional eléctrica por danos nas beiras do río Tea en Ponteareas, a raíz dunha denuncia do colectivo ambientalista.

A denuncia, despois do trámite legalmente previsto, concluiu cunha multa de 7200,00€ e 360€ de indemnización polos danos realizados. Ademais, a Confederación dálle a Unión Fenosa quince días para retirar, como debería ter feito xa no seu día, os resto de tala e poda.

DESIDIA

“Para o colectivo ecoloxista o que resulta máis sorprendente é a desidia e inacción da administración”, apuntan desde ADENCO.  Así, apuntan que nin o concello, nin a Xunta fixeron ningunha denuncia dos feitos. “Parece absolutamente inconcebible que un pequeno colectivo sen ánimo de lucro e con recursos limitados teña que denunciar o que todos ven, facendo deixación das súas funcións e facendo recaer na cidadanía competencias que non lle son propias”, indican.

En todo caso, suliñan que desde o colectivo ecoloxista seguirán a denunciarse accións que poñan en risco a conservación do espazo, como novas sendas ás beiras do río, tallas, podas, arranxos de infraestruturas ou calquera outra acción, provomovida por entidades públicas ou privadas.

ÚLTIMAS

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...