InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Concello de Arbo insiste cun novo non á liña de alta...

O Concello de Arbo insiste cun novo non á liña de alta tensión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno municipal do Concello de Arbo, en sesión extraordinaria urxente deste 24 de outubro, acordabou por unanimidade dos membros do plenario mostrar o seu rexeitamento contra a Linea 400 KV Fontefría-Frontera Portuguesa.

O día 16 de setembro de 2019 este concello recibiu expediente para estudio de viabilidade dun trazado alternativo do tramo final da Linea 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa que pasa entre o límite do veciño concello de As Neves e o barrio de Rozas, dentro da parroquia de Sela. Esta é unha alternativa que tanto o Concello como a veciñanza rexeitan como xa fixeran coa anterior proposta que discurría polos barrios de Valiñas e Poste.

Durante o pleno, Horacio Gil, alcalde de Arbo, manifestou que defenderá sempre o interese de todos os veciños e veciñas de Arbo, mantendo a postura de rexeitamento de calquera liña de alta tensión que afecte a calquera zona dentro do territorio deste municipio, como se recolle no escrito de alegacións que o plenario acordou remitir ao Ministerio.

Neste escrito tamén se insiste no rexeitamento á afección orixinaria aos barrios de Valiñas e Poste. Por iso es pide o arquivo do expediente, así como considerar inviable a conexión coa alternativa proposta polo barrio de Rozas, pola afección ás persoas, ás súas propiedades e ao patrimonio, ademáis de non contar con saída ao enlace co país veciño.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...