InicioMedio Ambiente e PatrimonioAtopan en Mondariz-Balneario un cogomelo único na Península Ibérica

Atopan en Mondariz-Balneario un cogomelo único na Península Ibérica

Foi descuberto nas xeiras micolóxicas da organización ecoloxista Adenco e é moi pouco coñecido a nivel mundial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Morchella rufobrunnea. Ese é o nome dun novo cogomelo descuberto en Galicia, concretamente, en Mondariz-Balneario. E non é un cogomelo calquera, xa que é o primeiro que aparece na Península Ibérica.

Esta nova especie, descuberto nas xeiras micolóxicas do Grupo Ecoloxista Adenco, está moi pouco citada a nivel mundial. O achado vén da man de Jaime Blanco Dios, descubridor doutras especies de fungos no noso territorio. O experto micólogo participou nas Xeiras de 2016 precisamente cunha palestra sobre as novas especies de cogomelos descubertas nos últimos anos. Foi nesa actividade onde os membros de ADENCO compartiron con el os exemplares atopados na saída micolóxica e, en concreto, este cogomelo.

Posteriormente, un dos exemplares recollido nas Xeiras Micolóxicas foi enviado por Jaime Blanco ate a Universidade de Cukurova, en Adana (Turquía), onde se lle extraeu o ADN e se verificou definitivamente que se trataba da especie Morchella rufobrunnea.

O descubrimento foi notificado nestes días ao Concello de Mondariz Balneario para que se manteña protexido o lugar onde foron localizados os exemplares desta singular especie de cogomelos.

“Desde Adenco manifestamos a nosa alegría polo feito de que as actividades micolóxicas, referente do traballo do Grupo Ecoloxista, sirvan para avanzar no estudo científico e na conservación da biodiversidade micolóxica”, apuntan desde a entidade ecoloxista.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...